Jardines Efimeros 2011 | Mauro Lomba+María Pierres

Cando un vive como arquitecto, faino cunha continua preocupación polo que lle rodea, reinterpretándolo na súa cabeza e xerando novas visións dos espazos que visita, deixándose sorprender por aqueles que o merecen e tratando de mellorar aqueles que o inquietan. Máis aínda cando no canto de dous son catro os ollos que miran.

Desta curiosidade e necesidade de actuar xorde a colaboración na creación dun xardín efémero, oportunidade única de alterar o espazo coñecido e familiar a todos os pontevedreses sorprendendo non só aos ollos, senón a todos os sentidos. A empresa Elsamex puxo á nosa disposición todas as súas enerxías e capacidade para levar a cabo unha tarefa que por momentos pareceu titánica.

A intención primeira superou con fartura as expectativas, xerando a inquietude de facer desta iniciativa un evento que premie a creatividade non só das empresas senón daqueles profesionais arquitectos, deseñadores ó paisajistas que coa súa colaboración axuden a dotar  ao xardín dunha visión máis contemporánea, sen esquecer a base da convocatoria, que é achegar a xardinaría e natureza ao cidadán.

A nosa instalación parte dunha xeometría sobria, formada por dous muros concéntricos que acoutan e delimitan o espazo. Un anel exterior, duro e racional, con matices de invitación a entrar, atrápache e che aisla do resto da contorna, permitíndoche descubrir un segundo anel, este vexetal e animal, en relación harmónica co mundo orgánico, que estimula os sentidos até envolverche no seu xardín interior.

Unha síntese do binomio Rexeito-Aceptación, do detestable contra o apetecible, facendo do habitar, neste caso do xardín, como ese lugar onde o refuxio é posible. Unha instalación que trata de axuntar, coa súa morfoloxía, o concepto de xardín renacentista e medieval, coa súa configuración máis pechada e laberíntica, xunto co contemporáneo, onde se introduce a chapa metálica como duro contraste coa vexetación, e onde o racional reflíctese no plano vertical das chapas, permitindo a invasión da natureza e adiviñando o seu carácter interior

Autores: Mauro Lomba y María Pierres

Colaboradores: Carmen Moldes

Enxeñeiro Técnico Agrícola:Agustín González

Empresa xardinaría: Elsamex

Emprazamento: Pontevedra_Galicia_España

Fotografías: Julia Antonio

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, efimera, espacio publico, intervención urbana, obras

Tags: , , , , , , , , ,