IV Edición arquia/próxima 2012-2013

A Fundación Caixa de Arquitectos presenta a IV edición 2012-2013 do programa arquia/próxima para novos arquitectos cun novo formato máis próximo, actualizado e participativo. Na súa cuarta edición, arquia/próxima aposta con máis forza que nunca por construír un gran foro de arquitectura nova, favorecendo a interacción entre usuarios, a participación activa co xurado a través do novo portal arquia/próxima e a comunicación permanente a través das redes sociais. Proximamente, poderás participar no noso novo foro web, do que podes ver un avance en www.foroarquiaproxima.es. PARTICIPA NA NOVA CONVOCATORIA, PODERÁS GAÑAR 15.000 EUROS!

Se tes menos de 10 anos de titulación (a partir de xaneiro de 2002 para esta edición) PARTICIPA en arquia.es/proxima e poderás acceder a gañar o premio arquia/próxima 2014 dotado con 15.000 euros.

Rexístrate como arquitecto próximo antes do 31 de decembro de 2013.

A data límite para subir e actualizar as túas realizacións é ata o 31 de xaneiro de 2014 se te rexistraches antes do 31 de decembro de 2013.

+ info

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: evento, premios

Tags: , , , , , , , , , , ,