Frank Lloyd Wright

wright_fp_int_3d_44813_1503121754_id_907646

Un edificio de Frank Lloyd Wright (1867-1959) é inequivocamente persoal pero á vez evoca toda unha época. Os deseños de Wright, notables polo seu excepcional coñecemento dun ámbito ecolóxico e o uso de aceiro e cristal para trastornar a interface interior/exterior, marcaron a entrada na modernidade, ademais de facerse un oco nos anais da historia da arquitectura.

Esta exquisita compilación da monografía de tres volumes publicada por TASCHEN reúne as obras máis importantes da vasta obra que trastornou os estándares da arquitectura nunha retrospectiva rigorosa a un prezo moi alcanzable do arquitecto máis famoso de Estados Unidos. Grazas ao acceso ilimitado aos arquivos de Frank Lloyd Wright en Taliesin (Arizona), esta colección explora a fondo os proxectos de Wright, tanto os que materializou coma os que quedaron en papel. Así, encontramos dende as súas primeiras casas da pradaría, as casas usonianas coa Casa da cascada á cabeza, os anos de Tokyo e os progresistas edificios de «arquitectura viva», ata os últimos proxectos como o Museo Guggenheim de Nova York e as fantásticas visións dun mañá mellor da «cidade vivente».

Bruce Brooks Pfeiffer, que foi aprendiz de Wright na década de 1950, analiza os estudos máis recentes sobre o mestre e ofrece o seu punto de vista acerca dunha obra arquitectónica que cambiou as regras do xogo.

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: libros, publicacións

Tags: , , , , , , , , , ,