Faio IV Edición 2012-2013 do programa arquia/próxima

O xurado que se reuniu o pasado 28 de abril na sede da Caixa de Arquitectos de Madrid, preseleccionou 221 das 670 novas realizacións presentadas na presente edición e elixiu as 120 realizacións que formaran parte do catálogo on-line, así como as 29 realizacións que serán explicadas polos seus autores no marco do IV FORO ARQUIA/PRÓXIMA 2014: FORA que terá lugar o próximo 23 DE OUTUBRO en Granada e no que se dará a coñecer:

PREMIO ARQUIA/PRÓXIMA 2014, dotado con 15.000 euros e os 4 premios de línea:

PREMIO OBRA NOVA/PROXECTO

PREMIO INTERIORISMO E REHABILITACIÓN

PREMIO CULTURA, INVESTIGACIÓN E FORMACIÓN

PREMIO CIUDAD E TERRITORIO

Xunto cos premios:

PREMIO VOTACIÓN ONLINE

PREMIO COMUNICACIÓN

PREMIO OPINIÓN

Respecto aos 120 catalogados e 29 seleccionados o xurado premiou proxectos que constitúen unha reconstrución do valor da arquitectura mediante a construción de novos pactos da sociedade co cidadán, a cidade, a industria e o territorio capaces de redefinir os roles do arquitecto como ente social activo capaz de desvelar as virtudes emerxentes das relacións existentes entre o público e o privado, o local e o foráneo. O xurado valorou enfaticamente proxectos que constrúen arquitectonicamente unha reivindicación do histórico, critico, ecolóxico e social a través dunha xestión do capital e dos excedentes arquitectónicos, ambientais e humanos.

Podes descargarche a acta e o listado de realizacións aquí.

¡PARABÉN A TODOS OS CATALOGADOS E SELECCIONADOS!

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: evento, premios

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,