Exposición Líneas de Trabajo 2012. A Coruña

Do venres 2 de marzo e o luns 9 de abril de 2012 celebrarase na Sala de Exposicións do Palacio Municipal da Coruña a segunda exposición Líneas de Trabajo.

Esta mostra propón unha reflexión sobre o papel do debuxo como ferramenta de aprehensión da realidade e como axente activo na definición da forma arquitectónica; como plasmación do que está sendo visto e como proxección do que está sendo imaxinado. Para iso, reúne debuxos de arquitectos españois pertencentes a distintas xeracións -Andrés Fernández-Albalat, Arturo Franco Taboada, Juan Domingo Santos, Carlos Quintáns, Carlos Pita, Toni Gironés, Juan Creus e Covadonga Carrasco, Ferrán Grau, Arturo Franco Díaz e Héctor Fernández Elorza-, e divídeos en dous grupos atendendo á súa razón de ser: debuxos de viaxe e debuxos de proxecto. Si os primeiros evidencian o valor do esbozo como reforzo da observación, nos segundos prevalece o seu uso como ferramenta de exploración formal. A heterogeneidad do material presentado subliña, por unha banda, os cambios na utilización do debuxo por parte dos arquitectos ao longo das últimas décadas, pero permite intuír tamén que se trata -ante todo- dunha expresión subjetiva, tan individual como unha caligrafía.

+ info

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: evento, exposiciones

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , ,