O espazo dos espellos | Miguel Ángel Díaz Camacho

5 (100%) 1 vote

Maqueta Espejo Seagram MIES Imagen Imagen vía The Graham Foundation. Phyllis Lambert, Mies van der Rohe y Gene Summers (1955). Autor desconocido. Incluida en el libro Building Seagram, Phyllis Lambert, Yale University Press 2013.
Maqueta Espello do Seagram de Mies van der Rohe | The Graham Foundation. Phyllis Lambert, Mies van der Rohe e Gene Summers (1955). Autor descoñecido. Incluída no libro Building Seagram, Phyllis Lambert, Yale University Press 2013.

Os espellos funcionan como as pupilas dun espazo intra-muros, unha habitación outdoor desde a que nos observan. En ocasións conservan mesmo algúns recordos das nosas vidas, como os espellos porosos e polvorientos das casas vellas, que parecen examinarnos desde os chapeus e traxes a raias dos nosos ancestros1. Tamén os espellos cóidannos, acóllennos, nos reconfortan, como parte indisoluble do universo doméstico, respóndennos. Neste sentido Luis García Montero fai distincións claras:

“Non importa se durmiches pouco ou moito,

vos espellos de hotel nunca perdoan

e son como animais de montaña

que non aceptan o trato dos homes.

A luz dos espellos familiares

se apiada de nós, con todo,

axúdanos a finxir, e por afecto

ou por costume chega a perdoarnos”.2

Os espellos seducen desde a construción dunha ficción intangible, unha porta cara ao mundo de Alicia a través do espello3. A orientación desta poderosa apertura cara a unha especie de realidade branda adivíñase nos espellos de Aldo van Eyck, integrados como unha escapada sobre os muros do orfanato de Amsterdam. O cinema, o circo e Chaplin exactamente no seu centro, ben coñecen o xogo multiplicador dos reflexos. Os espellos tamén transforman a nosa percepción e mostran unha sorte de colaxe da realidade.

Espellos nos teitos da Serpentine Gallery ou nos muros da casa Domínguez establecen unha alteración, unha descontinuidade, un espellismo: alí onde debería haber ceo, hai céspede; luz onde debería haber sombra4. E viceversa. Lewerentz en Estocolmo ou Le Corbusier na terraza Beistegui anticipan accións que anos máis tarde desenvolverían sobre o territorio, grazas aos espellos, Robert Smithson ou Anish Kapoor5.

A arquitectura dos espellos existe máis aló do espazo da nosa respiración. Na imaxe, un Mies precavido asómase ao abismo dos espellos nunha maqueta de estudo para a fachada do Seagram Building en Nova York.

Medo ao baleiro. Os espellos habilitan a construción primeira dunha torre intangible, ilusoria, tan vertical como virtual e con todo, despregada de maneira total ante os seus ollos nunha pequena habitación dun edificio calquera. Os espellos ordenan e multiplican. Os espellos cóidannos e lémbrannos. Os espellos alteran e interrógannos. Convén perderse, coa excitación do explorador que chegou o primeiro, no espazo dos espellos.

Miguel Ángel Díaz Camacho. Doutor Arquitecto
Madrid. Maio 2015.
Autor de Parráfos de arquitectura. #arquiParrafos

Notas:

1 Unha das greguerías de Ramón Gómez de la Serna toma forma de aforismo para asegurar que “aos espellos non se lles esquecen os traxes a raias”. Unha emocionante maneira de conectar os espellos coa memoria atopámola no proxecto de Solano Benitez para a tumba do seu pai en Piribebuy, Paraguai.

2 Luis García Montero, “Los espejos”, en Habitaciones separadas, Madrid, Visor, 2009, páx. 31.

3 Lewis Carroll, “Through the Looking-Glass, and What Alice Found There”,  1871.

4 SANAA, Pavillón para a Serpentine Gallery, 2009; Alejandro de la Sota, casa Domínguez, 1975-78.

5 “Yucatan Mirror Displacement” ou “Ithaca Mirror Trail”, Robert Smithson1969; “Turning the World Upside Down” Anish Kapoor 2010-11.

Miguel Ángel Díaz Camacho

Doctor en Arquitectura, Decano de la Facultad de Tecnología y Ciencia UCJC. Presidente de la Asociación Sostenibilidad y Arquitectura,  perteneciente al Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España. Director de MADC Arquitectos, estudio profesional con premios en concursos nacionales e internacionales, en la actualidad desarrolla proyectos en España y Noruega. Escritor y crítico de arquitectura, es autor de los libros “Párrafos de Arquitectura. Core(oh)grafías” (2016) y “Arquitectura y Cambio Climático” (2018).

follow me

Arquivado en: artigos, Miguel Ángel Díaz Camacho

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,