Eso din · trespes arquitectos

O vindeiro xoves 6 de xuño terá lugar a segunda xornada do ciclo Iso din; nesta ocasión, o invitado será trespes arquitectos. A sesión dividirase en media hora de presentación do arquitecto e outros trinta minutos de coloquio informal co público.

Iso din é un ciclo de sesións-coloquio no que participarán arquitectos galegos pertencentes a distintas xeracións coa intención de presentar un amplo espectro de enfoques da disciplina: construción, docencia, divulgación, investigación e hibridación con outros campos. En todos os casos, o telón de fondo será unha reflexión achega do papel do arquitecto no momento actual e os seus múltiples redefiniciones.

Trespes Arquitectos é un Equipo formado por Carlos Mosquera del Palacio, Alberte Pérez Rodríguez e Enrique Iglesias Lima. Entende o oficio de arquitecto de xeito tranversal, dende o estrictamente profesional até a divulgación cultural. O seu traballo foi obxecto de recoñecimento sendo siendo premiados na categoria de arquitectura efímera dos premios A+, finalistas nos V Premios ENOR e seleccionados nos premios ARQUIA/Próxima 2010. Coordinan dende  2008  o programa de difusión e divulgación cultural INTEMCIOM da librería Formatos da Coruña.

+ trespesarquitectos.com

ESO DIN · trespes arquitectos

Xoves 6 de xuño 20:00 – 21:00h

aforo limitado – entrada gratuita

[NO IMPORTA] taller creativo

C/San Andrés 46 planta Baixa

La Coruña [España]

Organiza:

Alberto Alonso Oro [veredes.es]

Maria Olmo Béjar + Borja López Cotelo [lasonceymedia.com]

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: deriva

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,