Escola infantil en Carballo | Villacé y Cominges

Concepto

Escola infantil, para nenos entre 1 e 3 anos. A edificación desenvólvese en planta baixa, deixando as zonas de servizo no lado norte da parcela e, debido á pendente desta, excavadas no terreo. As zonas infantís lévanse ás partes da parcela despexadas e mellor orientadas, e relaciónanse cos espazos exteriores de xogo mediante patios. Entre estas dúas zonas prodúcese o acceso á escola.

O elemento de partida é a aula, que se individualiza fuertemente, a modo de cabana. A agrupación de aulas constrúe un espazo central que, ao unificar zonas de paso e usos comúns, consegue unha notable amplitud que permite o seu uso como zona de xogos nos días en que non sexa posible saír ao exterior, e tratarase con particiones lixeiras e móbiles, que permitan desenvolver simultáneamente outras actividades como a de comedor, zona de televisión, espazo para festas da escola, cuentacuentos…

Conceptualmente, a escola infantil, construída como suma de pezas, será un gran campamento entre as árbores. A cuberta sérvenos para unificar todas estas pezas e crear unha transición suave entre interior e exterior, que se corresponderá coa experiencia da escola.

Construción

A construción da escola baséase no concepto xeral da mesma, e fai funcionar ás aulas como os elementos estructurales do edificio (con alicerces de aceiro e pantallas de arriostramiento de hormigón armado) sobre os que se apoia a losa de hormigón que cobre os espazos comúns e as zonas de entrada.

Nos elementos de construción e acabado búscase a maior sencillez, cedendo o protagonismo aos nenos que habitarán a escola: os cerramientos realízanse con taboleiro de madeira-cemento sobre un muro interior de albañilería, paredes brancas e chans de linóleo gris, carpinterías de aluminio natural.

Queda pendente, pero esperamos que se realice pronto, a plantación do arbolado previsto para a escola, que debe servir para matizar e protexer as zonas exteriores e os espazos de xogos.

Obras: Escola infantil en Carballo

Autores: Villacé y Cominges (José Villacé e Martín de Cominges Carvallo)

Estructura: Antonio Reboreda Martínez

Instalaciones: Antonio Reboreda Fernández

Colaboradores estudio: Lucas Gándara y Juan Pons

Aparellador: Ernesto Fernando Calvo

Promotor: Concello de Carballo

Constructor: UTE Construcciones Paraxe y Decoraciones J. Bello

Data: 2010 – 11

Emplazamento: Polígono 19 do PXOM, Carballo

Fotografías: Héctor Santos-Díez | BISimages

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, equipamento docente, obras

Tags: , , , , , ,