O deseño na oficina no século xx

O deseño na oficina no século XX. Da máquina de escribir ao ordenador persoal establece un punto de partida dende o que asomarse á sofisticación da escritura e ao desenvolvemento do deseño na oficina ata o seu desprazamento definitivo ao universo dixital. A integración da muller ao mercado laboral como mecanógrafa, o éxodo rural, as innovacións tecnolóxicas, o incremento do consumo e a consecuente evolución do deseño e a publicidade foron algúns dos aspectos que tiveron lugar durante o pasado século e que poderán advertirse na exposición.

Na mostra preséntanse tanto modelos tradicionais como peculiares exemplares que permiten comprender o paso do mecánico ao tecnolóxico. Dende máquinas de escritura encriptar, máquinas de xoguete, teclados de escritura braille, máquinas eléctricas e electrónicas ata os primeiros modelos de ordenadores, que nas súas primeiras manifestacións constituían un híbrido entre a máquina de escribir e o ordenador persoal. Por outra parte, a Colección Sirvent expón tamén un amplo conxunto de pósteres, fotografías e carteis que exemplifican as diferentes estratexias do deseño e da publicidade nos últimos tempos, así como unha serie de obxectos e utensilios utilizados na oficina como abrecartas, atrís, afialapis, grampadoras, teléfonos, numeradores, reloxos, pesacartas, protectores de cheques, etc., que se expoñen por primeira vez e que pertencen tamén a esta Colección.

Ao longo da exposición, enriquecendo o repertorio de máquinas, utensilios de oficina e pósteres que presenta a Colección Sirvent, as obras de José Lourenço, Misha Bies Golas e Ignacio Uriarte ilustran a plasticidade da máquina de escribir, reflexionando sobre a súa singularidade e expandindo o seu uso.

O DESEÑO NA OFICINA NO SÉCULO XX

Da máquina de escribir ao ordenador persoal Colección SIRVENT

Centro Torrente Ballester

C/ Concepción Areal s/n.

15402 Ferrol, Galicia, España

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: evento, exposiciones

Tags: , , , , , , , , , , , ,