Edificios para Departamentos de Usuarios en Rianxo | Jose Jorge Santos+Ángel Cid

O obxectivo deste proxecto foi dotar o Porto de Rianxo de 70 novos departamentos destinados ao almacenamento dos utensilios propios da actividade pesqueira. A situación prevista para iso é unha ampla explanada da zona portuaria, situada a continuación do núcleo urbano de Rianxo, na prolongación cara ao Sur da súa fachada marítima.

Trátase dunha zona pouco consolidada na que se foron construíndo dun xeito un tanto dispersa, un Auditorio, a Lonxa, edificacións para Departamentos e algunha nave para reparación de barcos. Tamén hai edificacións de vivendas, pero están emprazadas na aba situada ao fondo da explanada.

Esta particularidade orográfica condiciona de xeito importante a ensamblaxe co tecido urbano, e impón a este ámbito unha configuración dominante en sentido Norte Sur.

Se ben a implantación estivo dende o principio condicionada polos requirimentos do Promotor, no noso proxecto cremos importante traballar sobre a idea de completar a “fachada litoral”. Trátase polo tanto de 4 edificacións que constitúen unha aliñación ordenada fronte ao mar, que ademais posúen unha identidade semi-industrial claramente recoñecible.

Dentro das limitacións que determina unha construción de baixo custo, esta identidade está apoiada en dous aspectos especialmente singulares. Un deles é a forma de introducir luz natural nun local de almacenamento que tanto por cuestións funcionais coma de seguridade han de ser necesariamente pechados.

Un cubo de chapa e cristal situado sobre o acceso de cada departamento, é á vez lucernario, elemento de ventilación natural, e identificador de cada almacén.

A outra cuestión a destacar é a propia pel de cerramento das edificacións. A partir da petición do Promotor de encontrar unha solución que evite o grafiti sobre os cerramentos, construíuse un cerramento de malla deployé de aceiro galvanizado sobre unha fábrica de bloque de formigón.

A permeabilidade da malla deployé, a separación respecto ao bloque e a diferenza de cor entre o cerramento vermello intenso de bloque e a veladura gris da malla metálica, permiten unha pel que cambia a súa aparencia segundo a perspectiva, e a incidencia da luz segundo o momento do día ou do ano.

Obra: Edificios para Departamentos de Usuarios en Rianxo

Localización: Porto de Rianxo, A Coruña, Galicia, España.

Autores: Ángel Cid y Jose Santos.

Colaboradores: Silvia Diz, Marta Fernández, Maite Gómez, Clara Miguélez, Cristina Simón, Cristina Sánchez, arquitectos. GAIA Enxeñería, instalacións. Miguel Nouche, delineante.

Data: 2006/2008

Dirección de obra: Jorge Alvarez, Portos de Galicia

Promotor: Portos de Galicia

Empresa Constructora: Acciona

Presupueosto: 2.458.326€

Superficie: 5.933 m2

Fotografía: Xurxo Lobato
+ 2carquitectos.com

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, equipamiento dotacional, equipamiento industrial, espacio publico, intervención urbana, obras

Tags: , , , , , , , , , , ,