e n g a w a # 22


e n g a w a # 22 veredes

En 1917 dous cartógrafos ingleses chegan a un pobo de Gales co propósito de medir a altura da montaña Pfynnon Garw. A decepción do pobo é maiúscula cando, tras realizar as oportunas medicións, anuncian que a Pfynnon Garw fáltanlle 15 pés para considerarse montaña. O pobo menoscabado no seu orgullo decide poñerse ao choio e aumentar a altura do seu outeiro e convertela en montaña. Esta historia forma parte do argumento da película O inglés que subiu un outeiro e baixou unha montaña, dirixida por Christopher Monger e protagonizada por Hugh Grant. A historia conta, como uns poucos centímetros separaban un simple outeiro dunha montaña.

Medir, ademais de permitir diferenciar entre outeiros e montañas permítenos establecer un inicio e ao mesmo tempo un final. Medir significa coñecer a finitud das cousas, a súa pequeñez. Medir permítenos comprender a distancia entre obxectos, establecer un límite entre iso e aquilo, entre ti e eu. Medir é en definitiva unha forma de comprensión.

Medir permítenos comprender a importancia duns simples centímetros.

Por todo iso agradecemos enormemente a xenerosa proposta de Dario Zeruto, onde como na medida, todo cabe.

Neste número atoparán algunhas das observacións feitas, pero tamén descubrirán novas formas de medir.

Verán que medir pode ser unha acción subversiva, que en 80cm cabe o inconmensurable, que grande e pequeno ás veces é unha diferenciación va, que medir pode converterse nunha tarefa inabarcable e que a cinta métrica non sempre é o mellor método para comprender a arquitectura.

Editorial

Medir · Dario Zeruto

(At) Fake States · Montse Solano

80cm – Adriana Vázquez Balló

Madeira de boj · Javier de las Heras Solé

Tres frases e un abismo · François Guynot de Boismenu

Traxectoria de aproximación lineal · Javier Mosquera

Medir · Pablo Twose

A medida de tódalas cousas · Rubén Páez

Mesure / Medida · Emmanuele Delabranche

On scalar reference · Joel Kerner

Dom van der Laan: El número plástico y la otra vía de la modernidad · Arianna Grondona

Dalgunhas cousas · Roberto Cides

O cotián · Víctor Díaz-Asensio

engawa 22 está dispoñible online e en versión papel.

Aproveitamos para lembrarvos que xa está aberta a convocatoria para o seguinte número da revista: engawa 23, onde contaremos coa colaboración especial da La Ampliadora, escola social de fotografía de Granada.

veredes
veredes Administrator
Surge enero de 2009 como búsqueda de satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio. Además de ofrecer la inmediatez de las noticias, se puede buscar información a través de distintas clasificaciones.
follow me

Arquivado en: publicacións, revistas

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , ,