Desvelo | Antonio S. Río Vázquez

«Toda construción auténtica, toda creación humana é unha interacción de funcións e non unha diferenciación de dominios»

José María de Labra

A galería madrileña José de la Mano, no seu interese por desvelar a obra descoñecida de autores do século pasado, realizou un segundo proxecto expositivo sobre José María de Labra co sugerente título de Laboratorio de Formas[1]. Como se indica no catálogo, a idea de «laboratorio» evoca a Oteiza e ao seu persoal experimentación con tizas, pero tamén nos vincula a outro laboratorio, o de Formas de Galiza, concebido dende exilio dla man de Luis Seoane e Isaac Díaz Pardo tomando a integración das artes como unha das suas premisas fundamentales.

Labra no seu estudio. Fotografía publicada en ABC el 7 de maio de 1971

A obra José María de Labra Suazo (A Coruña, 1925 – Palma de Mallorca, 1994) eencádrase perfectamente dentro dos ideais daquel laboratorio. Ademais da súa exploración no mundo da pintura e a escultura abstracta, enseguida traslada a súa investigación á configuración do espazo relixioso, participando no deseño das vidrieras do Colexio Apostólico dos Padres Dominicos en Valladolid (1952) ou da igrexa de San Pedro Mártir en Alcobendas (1955), ambas proxectadas por Miguel Fisac.

A súa primeira exposición importante, a celebrada en 1955 no Ateneo de Madrid, conta cun catálogo prologado por Fisac. Nel, o arquitecto escribe: «esta exposición non é a súa obra, é unha serie de estudos, de exercicios para facer dedos, como din os pianistas». E engade: «Un concerto completo xa o deu Labra en varias ocasións —eu son testemuña de maior excepción—; outros os está comezando a executar. Non son cadros, nin sequera pinturas murales. ¡Triste concepto do que é a fusión das artes teñen os que creen que unha auténtica cooperación plástica é pegar, máis ou menos acertadamente. a unha arquitectura, estatuas e pinturas nas paredes!».

En efecto, os exercicios de Labra son tanteos, ensaios, primicias que avanzan a idea de obra total anhelada no soño da recuperación moderna. As maquetas de celosías de madeira construídas no seu laboratorio convértense en elementos de articulación e desvelo do espazo en obras como o pavillón español na Feira Mundial de Nova York (1964) ou a sede da Sociedade Recreativa Hípica en A Coruña (1967).

Os lígneos tamices de luz propostos por Labra incorpóranse con naturalidade en fachadas e interiores aportando expresividade e dinamismo á construción. En ocasións chega a ensaiar con partes móbiles, facendo da plástica moderna obxecto esencial e variable na definición do ambiente.

No ecuador do século pasado, creadores como Labra, Oteiza, Manuel Molezún, Díaz Pardo ou Jesús de la Sota —a quen a galería dedicou tamén un magnífico proxecto reivindicativo—, ademáis de outros nombres por desvelar, fixeron da recuperación moderna o escenario perfecto para reivindicar a integración das artes e, de sua obra, a millor demostración desta idea.

antonio s. río vázquez . arquitecto

a coruña. abril 2013

Notas:

[1] Un primeiro proxecto, baixo o título de Labra: Fuerza y forma. Un mundo objetual abstracto levouse a cabo en novembro de 2010.

Antonio S. Río Vázquez

Antonio S. Río Vázquez (A Coruña, 1981) es arquitecto por la E.T.S.A. de A Coruña, master en Urbanismo y doctor por la Universidade da Coruña. Especializado en teoría y diseño, su línea de trabajo se ha centrado en la investigación y divulgación del patrimonio arquitectónico moderno. Ha desarrollado proyectos de modo independiente y ha colaborado con varios estudios de arquitectura. Es socio fundador de Aroe Arquitectura. Es profesor en el Departamento de Proyectos Arquitectónicos, Urbanismo y Composición de la Universidade da Coruña, y ha sido profesor invitado en la Robert Gordon University de Aberdeen (Reino Unido), en la Universidade do Minho (Portugal) y en la Università degli Studi di Roma La Sapienza (Italia). Es miembro de la red UEDXX Urbanism of European Dictatorships during the XXth Century, del Grupo de Investigación en Historia de la Arquitectura IALA y del Grupo de Innovación Educativa en Historia de la Arquitectura. Ha formado parte del proyecto de investigación FAME Fotografía y Arquitectura Moderna en España, 1925-1965. Los resultados de sus investigaciones, tanto personales como conjuntas, han servido como aportación a eventos de debate y difusión científica y han sido publicados en libros y revistas.

follow me

Arquivado en: Antonio S. Río, artigos

Tags: , , , , , , , , , , , , , , ,