Cando os arquitectos eran deuses

Cuando-los-arquitectos-eran-dioses

Coñécense numerosas figuras sobrenaturais a quines atribuíuse a edificiación do espazo ou a transmisión das técnicas cosntructivas aos humanos. Na cultura clásica, Atenea, patroa de Atenas, é quizais a mais popular, pero foi Foroneo quin “reuniu por primeira vez nunha comunidade aos habitantes”. Así mesmo, Asmodeo, descendente de Adán (que non de Eva), transmitiu aos homes as artes da xeometría e do álxebra.

Tamén a mitoloxía exipcia relacionaba a Seshat, deusa da arquitectura, coa creación, o deseño do universo que realizaba cun estilete. Neste libro están presentes os principais heroes e deuses que nas culturas antigas de Oriente e Occidente desempeñaron o papel do arquitecto. Todos foron inventados para dar conta de accións colosais, con tal impacto que resultaba difícil responsabilizar a un simple mortal do seu deseño.

Estes mitos reflicten a imaxe que os humanos se facían de quen, baixo as ordes do ceo ou do inferno, repetían a creación do universo cando fundaban templos, palacios e cidades: unha imaxe que podería acharse na orixe da percepción contraditoria que o arquitecto e a arquitectura suscitan hoxe.

Pedro Azara

Pedro Azara é arquitecto e profesor de Estética e Teoría das Artes na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona, ETSAB, Universidade Politécnica de Catalunya, UPC. Entre as súas numerosas publicacións destaca Castelos no aire. Mito e arquitectura en Occidente (Gustavo Gili, 2005). Tamén foi membro das misións arqueolóxicas de Tell Massaïkh (Siria) e de Qasr Shamamok (Iraq).

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: libros, publicacións

Tags: , , , , , , , , , , , , ,