Consultorio local Paüls | vora


vora_consultalocalPaüls_07_ext06

O consultorio local de Paüls é un pequeno edificio integrado no tecido do pobo. O proxecto define un percorrido de acceso que atorgue serenidade e calma ata ser atendido polo médico. Máis que un obxecto para admirar desde o exterior, ten que ser un lugar desde o cal mirar e sentir, mediante relacións visuais coas montañas, coa paisaxe, para conectar o enfermo co benestar, con iso estable que lle acompañou toda a vida.

O edificio só ten unha planta de altura, igual que as construcións veciñas, por tal de integrarse no tecido construído. A nivel de materiais e solucións construtivas segue os recursos habituais da construción popular da zona. Defínese como edificio público pola composición simétrica e contida, e á vez polo cromatismo, o uso do branco na pel exterior e o tellado, a pesar de xogar con solucións construtivas sinxelas.

O acceso prodúcese por un soportal con dobre porta e o teito baixo, a modo de transición interior-exterior, dando acceso ao vestíbulo e sala de espera, onde o espazo dilátase recuperando toda a altura da cuberta. Aquí prodúcese o reencontro coa paisaxe, mediante unha gran ventá ao fondo. Vistas á tranquilidade das montañas, necesaria durante os momentos de espera e eventual angustia. A iluminación natural neutra de norte acentúa a sensación de serenidade. Nun lateral da sala de espera atopamos o acceso ás comunicacións verticais que conducen aos espazos de servizo do soto. No outro lateral, dúas amplas portas dannos o acceso ás salas de consulta médica.

Nestas salas de consulta defínense dous ambientes diferenciados: a zona de atención, co teito alto en continuidade co da sala de espera, cunha gran ventá; e a zona de curas, protexida e acolledora, co teito máis baixo e iluminación natural indirecta.

Obra: Consultorio local Paüls
Proxecto: 2008-2009
Obra: 2011-14
Dirección: Carrer de la Creu. Paüls (Baix Ebre). Cataluña. España.
Superficie construida: 185 m2
Arquitectos proxecto: vora (Pere Buil, Toni Riba)
Colaboradores: Eva Cotman, Jordi Palà
Proxecto estructura: Manuel Arguijo y Asociados
Proxecto instalacións: AIA (Activitats i Instal•lacions arquitectòniques)
Medicións e presuposto: Guillem Llorens (sco)
Arquitectos obra: vora (Toni rRiba)
Aparellador obra: Joan Josep Piñol
Constructor: Construccions Curto / MJ Gruas S.A.
Promotor: Gisa (Gestió d’Infraestructures S.A.)
Fotografías: Adrià Goula
+ vora.cat

Premios

Premios FAD 2015/ Península ibérica. Proxecto seleccionado.

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, equipamiento dotacional, equipamiento sanitario

Tags: , , , , , , , , , ,