Cinema e librería NUMAX | Hábitat Social

hs_numax_02_int01

“NUMAX é un cinema, unha libraría e un laboratorio de deseño, comunicación e produción audiovisual”

Numax

Cando este reto chegou á nosa mesa, na primavera de 2014, axiña entendemos que se trataba da oportunidade de participar nunha iniciativa senlleira no país, cargada de valores (dinamización cultural, modelo cooperativo, etc.) e cun alto potencial transformador, capaz de acadar todo o noso interese e compromiso.

Partíamos dun programa de necesidades complexo (sala de cinema para un mínimo de 70 persoas, librería, ambigú e oficina) a organizar nun baixo comercial atractivo (boa situación, esquina en edificio singular, luminoso), mais xusto de dimensións para os uso previstos (superficie e altura libre), e cunhas características que non eran as idóneas para todos eles. Limitado ía ser tamén o orzamento da obra, aínda máis cando a prioridade viña marcada cara un equipamento audiovisual de primeira orde.

Aintervención é completa e abrangue dende o reforzo da estrutura existente ata o deseño do mobiliario. No exterior, cínguese ás carpinterías para respectar á imaxe do edificio, deseñando unhas novas para a fachada de acceso e recuperando as existentes da outra. En canto aos materiais, aténdese á economía e a un uso sincero e directo dos mesmos, para o que se opta, no posible, por solucións de mínimos que, á vez que resolven as necesidades técnicas, achegan as calidades de imaxe e acabado.

En canto ao proceso, ademais do deseño (en estreita colaboración co equipo de NUMAX) e da dirección da obra, levamos a cabo a xestión da mesma, o que repercutiu positivamente tanto no calidade do resultado como no aforro económico.

Obra: Cinema e librería Númax
Emprazamento: Rúa Concepción Arenal, nº9. Santiago de Compostela, Galicia, España
Autores: Hábitat Social, Sociedade Cooperativa Galega (Jose Manuel Sánchez Vizcaino, Ramón Fernández Sánchez, Carolina Jack Lago, Xiao Varela Gómez)
Colaboradores: E3 arquitectos
Ano: 2015
Fotografía: Numax | Tamara de la Fuente
+ habitatsocial.coop

Palestras e medios.

III Xornadas de Bioconstrución. Construción con terra / Asociación Espiga. Monforte de Lemos, Xuño 2015 >>

Coop é activas. Procesos de autodesenvolvemento comunitario >>
Organizado por Arquitectura sen Fronteiras e o Fondo Galego de cooperación e solidaridade
5 de maio de 2015

Construción colaborativa do hábitat >>
Acerca da integración das artes. Curso de interpretación da arquitectura. Fundación Luis Seoane
5 de febreiro de 2015

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia. Editorial O ben comun. 2014

Unión, acción, autoxestión v.3 >>
Arquitectura y territorio rural“, organizado por rvr-arquitectos
1 de agosto de 2014

Pechar o ciclo, o valor dos recursos. >>
Foro Boas Prácticas Ambientais organizado por Trespés S.Coop. Galega
9 de novembro de 2013

Unión, Acción, Autoxestión v.2 >>
Seminario Impulsos Creativos organizado pola USC.
9 de novembro de 2013

Seminario “Cooperativas e Coworking”, palestra de presentación da  Cooperativa Hábitat Social >>
Organizado pola Fundación Juana de Vega.
1 de marzo de 2013

Palestra “Unión, Acción, Autoxestión” >>
Olladas de preto. Escola Técnica Superior da Coruña
7 de novembro de 2012

“Procesos de autoconstrucción-Procesos de autoorganización ciudadana” >>
Organizada pola Universidade Internacional de Andalucía [UNIA]
3 de outubro de 2011

Entrevista a Hábitat Social no programa “Bos Dias” da Televisión de Galiza >>
14 Outubro de 2012

“Segregaçom urbana na Galiza” >>
artigo para o xornal Novas da Galiza
Xaneiro 2012

“Experiencias de autogestión del hábitat” >>
artigo no segundo número da Revista Márgenes titulado “Ciudades Lacradas”
abril-xuño 2012

veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, equipamento cultural, obras, reforma interior, rehabilitación

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , ,