CICA. Universidade da Coruña | Manuel Vázquez Muíño + Ángel Rico Painceiras


O edificio forma parte do parque tecnolóxico da universidade da Coruña, que consta de sete edificios que se concatenan entre si.

O plan urbanístico dispón que cada edificio estea formado por dous volumes (de catro e dúas plantas respectivamente), separados entre si por un espazo público-peonil que comunicará transversalmente todos os edificios do parque.

Partindo desta volumetría dada, o noso proxecto xira en torno a dúas sinxelas operacións de “escavación”: unha, no volume pequeno, permítenos formalizar tanto a entrada peonil coma a rodada, a outra, no volume grande, concibida a xeito de patio, posibilítanos tanto unha relación visual entre as distintas partes do edificio coma unha relación co espazo público exterior.

A entrada ao edificio realízase a través dunha rampla de pendente contraria á rúa, permitindo o acceso a minusválidos ao mesmo tempo que nos eleva o forxado de planta baixa o suficiente para realizar a entrada de vehículos en planta soto.

O patio posibilita, ademais das relacións visuais mencionadas, unha boa iluminación e ventilación das zonas de planta baixa. Unha pasarela, que o cruza en leve pendente, garante a continuidade do percorrido peonil exterior.

Na concepción do edificio son premisas fundamentais a funcionalidade, versatilidade e flexibilidade, así como a claridade nas circulacións.

Obra: Centro de Investigacións Científicas Avanzadas. Universidade da Coruña

Arquitectos (redacción proxecto e dirección obra): Manuel Vázquez Muíño. Ángel Rico Painceiras

Colaboradores (redacción proxecto): Roberto Regatos Gómez. Ingrid Edo Bosch

Estructura: Carololo Losada Soto

Arquitecto técnico: Manuel López Lamas

Promotor: Universidade da Coruña

Empresa Constructora: Acciona

Data proxecto: 2008

Data obra: 2008-2013

Emplazamento: Parque Tecnolóxico. Campus Universitario de Elviña. A Coruña

Presuposto Execución Material: 3.727.740 €

Superficie construida: 4.901 m2

Fotografías: Ángel Rico Painceiras, Manuel Vázquez Muíño | Héctor Santos-Díez | BISimages

+ vazquezmuino.com

+ arqmais.net

Arquivado en: arquitectura, equipamento docente, equipamiento dotacional, obras

Tags: , , , , , , ,