Casa de Campaña | ARKB-Arrokabe arquitectos

5 (100%) 1 vote[s]

Trátase dunha vivenda cun uso ocasional concibida na súa volumetría, composición e materiais de rematado exterior como un almacén agrícola.

Constrúense cerramentos lixeiros que permitan alcanzar condicións interiores de confort no mínimo tempo posible e incorporan un sistema de corredías que posibilitan pechar totalmente a edificación.

Resólvese mediante un volume compacto de planta rectangular con cuberta a dúas augas. Aínda que acolle dous niveis, a altura de “aleiro” equivale á habitual nas construcións de planta baixa do ámbito.

Execútase mediante unha construción sinxela que pon acento na facilidade de montaxe baseada nunha primeira orde estrutural de catro pórticos metálicos situados a tres metros de distancia sobre os que apoian escuadrías de madeira que serven como pontóns de piso ou correas de cuberta.

Un único tipo de panel “sándwich” resolve a folla interior de toda a envolvente solucionando o rematado, o illamento e a base para a fixación do rastrelado.

Este conforma a cámara de aire ventilada e utilízase como suxeición da táboa de abeto que funciona como revestimento da cara exterior do cerramento vertical e como base para a chapa de cinc da cuberta.

Obra: Casa de Campaña

Autores: Arrokabe arquitectos [Óscar Andrés Quintela, Iván Andrés Quintela]

Emplazamiento: Galicia, España

Año: 2005

Fotografías: Bernardo Diéguez y Arrokabe Arquitectos

+ arrokabe.com

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, obras, vivienda unifamiliar

Tags: , , , , , , , , , ,