Bekleidung. Os traxes da arquitectura

Los trajes

Un século despois do seu falecemento, a prolífica produción teórica de Gottfried Semper (1803-1879) está a ser obxecto de sucesivas relecturas. Esta investigación céntrase no principio: “Das Prinzip der Bekleidung in der Baukunst” (o principio da vestimenta na arquitectura), que describiu na súa obra máis relevante: O estilo (1860-1863).

Este principio establece a autonomía da envolvente na arquitectura fronte ao soporte que a sustenta, e tamén o seu protagonismo ensencial na creación arquitectónica. Mediante unha analogía téxtil, Semper identifica as superficies interiores e exteriores xeradas pola arquitectura cos tecidos, nun plano simbólico e técnico.

A influencia de “O principio da vestimenta” de Gottfried Semper na arquitectura de filiación germánica é fundamental. Desde Adolf Loos, que será o verdadeiro destilador da teoría de Semper poñéndoa a disposición da arquitectura moderna cos seus escritos e formulacións arquitectónicos, ata Mies van der Rohe, quen depura estas formulacións constructivamente segundo unha nova gramática arquitectónica centrada na definición da envolvente e o espazo. A investigación termina cun breve epílogo dedicado a explicar a repercusión desta tradición simbólica e construtiva na arquitectura contemporánea de Herzog & de Meuron.

Todos eles profundarán coa súa obra no pracer senstivo que produce a envolvente arquitectónica concibida como un traxe, cun feixe exterior significante e un envés interior táctil, en contacto co corpo. Defenderán un uso lúdico e cálido do espazo. En definitiva, poderán ser considerados os continuadores desa tradición semperiana en torno ao Baukunst (a arte da construción) que concilia técnica e arte, que prima a envolvente sobre o soporte e que, en definitiva, logra un perfecto equilibrio entre o apolíneo e o dionisíaco.

Autor: Óscar Rueda Jiménez
Prefacio: Juan Navarro Baldeweg
Director da colección: Carlos Martí Arís
Colección: arquia/tesis
Nº da colección: 40
Tema: Arte e Arquitectura, Teoría e Historia, Ensaio
Ano de Edición: 2015
Formato: 220 x 245 mm
Páxinas: 228
Idioma: Castellano
Ilustracións: branco e negro/ cor
ISBN: 978-84-940343-8-1

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: libros, publicacións

Tags: , , , , , , , , , , , , , , ,