bakap!

‘bakap! é unha aplicación web baseada en WordPress e o seu obxectivo é facilitar a autoxestión de portfolios profesionais do sector da arquitectura.

Componse dun backend ou panel de xestión que contén o indispensable para publicar e editar contido e un frontend ou parte pública cun deseño limpo para optimizar a visualización gráfica.te pública con un diseño limpio para optimizar la visualización gráfica.

Características principais:

· Clasificación avanzada.

Cada proxecto conta cunha ficha que permite incorporar todos os datos que interveñen nun proxecto ou que obra (autores, colaboradores, promotor, presuposto, recoñecementos…).

· Imaxes.

A programación da aplicación facilita a adaptación e optimización do tamaño tanto en pixeis coma en Kb das imaxes que se engaden a cada proxecto, mellorando a visualización e os tempos de carga en calquera dispositivo.

· Listado condicionado.

Esta opción permite enlazar dende o menú aos proxectos só se estes teñen contido ou ben listalos sen enlazar á ficha dun proxecto se se carece desa información ou non interesa publicalo. (Moi útil para formalizar un currículo onde aparezan os proxectos realizados pero só mostrar información detallada dos se decida).

· Personalización.

Na actualidade pódese personalizar o menú de navegación, cun logo ou nome do estudo, cambiar a tipografía para o logo e a páxina, cambiar o nome dos apartados e engadir enlaces a redes sociais.

· Social.

Así mesmo, está preparado para conectar coas redes sociais incluíndo ferramentas para compartir contido ou comentar a través de facebook.

¡Próbaa!

Acceso: http://demo.modela2.com/wp-login

Usuario: demo

Contrasinal: demo

Máis información

Sobre os autores

José Lozano. Arquitecto pola ETSAS en 2007. Especializado en deseño gráfico, deseño web e infografías de arquitectura. Socio no estudo de arquitectura diecisietemastres e do estudo de infografías modela2.

Nacho Villegas. Arquitecto pola ETSAS en 2009. Máster en Dirección de Empresas pola UPO en 2012. Especializado en publicacións de arquitectura, comunicación dixital e infografías. Foi responsable da editorial accésit e na actualidade é socio do estudo de infografía modela2.

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: aparello

Tags: , , , , , , , , , , ,