5º edición dos Premios Is Arch para estudantes de arquitectura

Os premios Is Arch para estudantes de arquitectura chegan á súa quinta edición. Son uns premios internacionais dirixidos a estudantes de arquitectura.

Is Arch nace da inquietude de dous estudantes de arquitectura da Escola técnica Superior de Arquitectura de Barcelona da Universidade Politécnica de Cataluña (ETSAB ) e créanse coa finalidade de configurar unha plataforma para a difusión e o debate das solucións achegadas polos alumnos de arquitectura dentro do marco da universidade.

Dende os premios Is Arch queremos alentar aos máis novos no debate arquitectónico dende o seu particular punto de vista, entendendo que está será a concepción da arquitectura do futuro.

Ata o 16 de febreiro pódense presentar os proxectos, traballos académicos realizados dentro do marco universitario, e os tres proxectos gañadores repartiranse 6.000 € en premios. O xurado está formado por arquitectos de estudos internacionais como Foster and partners, Ateliers Jean Nouvel, OMA, Benedetta Tagliabue ou Kengo Kuma & Associates.

Estamos contentos de ter contado co apoio en pasadas edicións de: Profesor Sir.Peter Cook, OMA, Toyo Ito, Herzog & de Meuron, Kengo Kuma, Sou Fujimoto, Foster + Partners, David Chipperfield Architects, Atelier Jean Nouvel, Rogers Stirk Harbour + Partners, Zaha Hadid, Benedetta Tagliabue – EMBT, Odile Decq… os que participan no debate en forma de xurado e algúns incorporando estudantes nos seus equipos de traballo.

Os Premios Is Arch ten dous anos de vida, xa se levaron a cabo catro edicións e actualmente está vixente a quinta. Neste tempo presentáronse aos premios preto de 1.000 proxectos de estudantes de todo o mundo, déronse premios por valor de 20.000 €. Partners como Rocha, HP, Editorial Gustavo Gili, Sika, Vinçon, On Diseño etc., apoian esta iniciativa, así como revistas, bloggers e medios do sector.

Is Arch no seu interese por difundir as obras premiadas, mantén contacto con diferentes revistas e webs especializadas, coa finalidade de xestionar que as obras sexan publicadas.Todas as obras seleccionadas publicaranse nas diferentes plataformas de ISARCH e na mesma web.

+ info

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: deriva

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,