13+1 Feitos construidos

A Delegación do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia en A Coruña, en colaboración coa empresa DESARROLLA, inicia con “Feitos construidos” seu primeiro ciclo de conferencias sobre a realidade construïda da arquitectura galega contemporánea. Dende o 23 de  outubro de 2013 ata o 29 de xaneiro de 2014, cada dúas semanas, pola sala da Delegación pasarán  7 equipos de arquitectos, de distintas xeracións, pra amosarnos o seu traballo fixándose en dúas únicas obras, seleccionadas e construídas por eles mesmos, como expoñente do seu facer e pensamento arquitectónico.

O nome de este ciclo de conferencias ven dun pé de foto que atópase no libro “Une petit maison”, publicado por Le Corbusier en Editions Girsberger de Zurich no ano 1954. Libro que, como vostedes coñecen, o mestre dedica a enorme casiña feita pra os seus país nas ribeiras do lago Leman. Ediciones Infinito de Buenos Aires publicou, no 2005, unha edición en español. Este mesmo pé de foto, coa fondura do significado que contén, deu titulo ao libro  “Los hechos de la arquitectura”, que Ediciones ARQ de Santiago de Chile publicou no 1999, onde Alejandro  Aravena, Fernando Pérez e José Quintanilla fan un dos máis interesantes exercicios  escritos sobre historia da arquitectura.

Feitos da arquitectura – Feitos construídos. O matiz, si ben é importante, tampouco quere  dicir máis do que evidentemente todos entenden . Sobran explicacións.

O ciclo de conferencias “13+1 Feitos construidos” nace coa vontade de ser unha cita fixa na axenda  cultural galega,  que cos anos váiase  afirmando como un espazo  onde o feito arquitectónico atope o lugar que lle corresponde na definición da construcción dunha realidade  mellor pra Galicia.

A xunta directiva da Delegación do COAG na A Coruña quere  agradecer a xenerosa colaboración de todos os participantes, así como do inestimable apoio recibido, dende  o primeiro momento,  pola empresa Desarrolla; esteo imprescindible sen o cal este ciclo non tería sido posible. Os nosos máis agarimosos recoñecementos.

Carlos Pita.- Presidente de la Delegación del COAG en A Coruña

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: conferencias, evento

Tags: , , , , , , , , ,