50 Urban Blocks

50 Urban Blocks L

50 Urban Blocks é a primeira dunha colección de barallas destinada a facilitar o deseño da arquitectura. Este primeiro conxunto de cartas contén 50 novos exemplos de como deseñar unha mazá, organizar os espazos e, en definitiva, construír a cidade.

Nun tamaño de 13×8 cm e impresa polas dúas caras, cada carta propón unha forma urbana posible con medidas e datos de densidade na cidade.

O seu pequeno tamaño e formato individual permite despregar ante si e dunha soa vez as 50 formas urbanas que propón a baralla. Así, o arquitecto pode comparalas, ordenalas e desordenarlas, para escoller aquelas que mellor se adapten ao seu escenario e combinar as diferentes formas para deseñar o seu proxecto.

50 Urban Blocks M

A colección de cartas resulta especialmente útil para estudantes e novos arquitectos que necesiten inspiración nas súas primeiras aproximacións ao proxecto arquitectónico.

Arquivado en: libros, publicacións

Tags: , , , , , , , , , ,