Vivenda en Cachopal | Ameneiros Rey · HH arquitectos-Blanca Carballal

O proxecto consistía na definición dunha vivenda unifamiliar de nova planta nunha parcela sen edificar situada no lugar de Cachopal, Concello de Teo (A Coruña).

A parcela emprázase nun ámbito rural, adscrita a unha vía onde se apoia distinta edificación de carácter residencial unifamiliar, ten forma rectangular irregular e é alongada no sentido paralelo ao viario. A pendente do terreo cae cara á estrada, cara ao norte transcorre un pequeno regueiro arborado nas súas marxes, e un bosque limita a parcela ao leste.

Na concepción do proxecto, as limitacións impostas pola obriga de manterse afastado certas distancias respecto ao regueiro, a estrada e os lindes do soar, estableceron rapidamente a implantación do edificio na parcela, así como o seu carácter compacto, distribuíndo todo o seu programa en dúas plantas.

Na cota do acceso, e como medida de protección fronte á agresividade da estrada estremeira dispóñense os locais técnicos e de almacenaxe. A media altura sitúanse os dormitorios, que se abren ao arboredo oriental e na última planta, elevada sobre o nivel de á estrada, encóntranse as salas de estanza, tanto interior coma exterior, o salón-comedor e a terraza.

Un factor definitorio foi a limitación presupostaría con que se contaba para a súa execución, así como facilitar un baixo custo de mantemento, tanto do edificio coma enerxético, empregando materiais de gran duración e adaptables ao ámbito en que se ían aplicar, tanto na estrutura coma nos acabados do edificio. Para isto, recorreuse a madeiras de sinxela obtención e mantemento.

Todo o programa da vivenda se desenvolve encadrado en dúas cruxías paralelas, con lousas macizas de hormigon alternas en sentido perpendicular aos muros que as forman. Os muros transversais gradúanse para adaptarse á pendente do terreo e sobre estes apóianse vigas de madeira laminada.

O cerramento do edificio, formado por un muro de formigón armado remátase cunha fachada transventilada de tarima de madeira de acacia. A fachada posterior dos dormitorios ao leste e a do salón ao oeste é unha fachada acritalar cun pequeno peto de formigón e o mesmo tipo de fachada transventilada.

Obra: Vivienda en Teo, A Coruña

Autores: Ismael Ameneiros Rodríguez e Santiago Rey Conde (Ameneiros Rey | HH arquitectos), con Blanca Carballal Mariño

Emprazamento: Cachopal, Teo (A Coruña), Galicia, España

Ano: 2009-2011

Fotografías: Héctor Santos-Díez | BISimages

+ ameneirosrey.com

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, obras, vivienda unifamiliar

Tags: , , , , , , , , , , ,