Reconquista | Antonio S. Río Vázquez

En 1951, sendo aínda estudante, Fernando Távora asiste ol VIII Congreso Internacional de Arquitectura Moderna en Hoddesdon (Inglaterra), dónde coincide con Le Corbusier e Gropius. O título do congreso, «O corazón da cidade», avanza a superación da Carta de Atenas e o interese polos problemas do contexto local, unha procura da identidade do lugar que cristalizará nos encontros seguintes da man das xeracións máis novas.

Fernando Távora, Casa sobre a mar, 1952. (Revista DPA 14, 1998)

Estas preocupacións estaban latentes no tamén mozo Távora anos antes, recollidas nun ensaio publicado en novembro de 1947 e titulado elocuentemente O problema da casa portuguesa[i]. Como reacción á enorme actividade constructiva que se estaba producindo no seu país propón «rehacer todo, comezando polo principio». Fronte ás bases da arquitectura moderna internacional, defende unha arquitectura de carácter local e independente, fiel ao carácter rexional. Un carácter que debe buscarse tanto na arquitectura portuguesa popular como nas posibilidades que permite a construción do momento:

Os homes de hoxe non son iguais aos de onte, nin os medios de que se serven para desprazarse ou vivir, como diferentes son tamén as súas ideas sociais, políticas ou económicas. Sendo tan forte o grado destas variacións, ¿Por que non han de ser outras, moitas outras, as solucións que hai que achar hoxe para os portugueses? ¿Por que empeñarse en permanecer, cando todo invita un camiño diferente?[ii]

Un ano despois do congreso de Hoddesdon decide poñer en práctica as súas ideas no proxecto para a obtención do título de arquitecto[iii], denominado «Unha casa sobre a mar». A vivenda ubicaríase na costa de Foz do Douro, próxima a cidade de Oporto, conquistando o límite entre a tierra e a mar[iv].

Na memoria que acompaña ao proxecto, Távora destaca a poderosa influencia que ten a proximidade do océano: desde a elección dos materiais ata a distribución interna. Ao tempo, recupera a tradición constructiva e espacial da zona, como o emprego do azulexo branco e azul como revestimiento de fachada.

Dúas fachadas opostas: a de entrada, firme, majestuosa na teoría dos seus alicerces, pechada; a do mar, aberta, lixeira, fluctuante, prolongándose nun último esforzo por unha terraza e deixando ver, a través dos seus vidros toda a estrutura e todo o capricho das formas interiores da casa. Revestindo as fachadas o azulexo tradicional: observaremos a súa perfección, a beleza da súa cor, o seu brillo (nada como el sabe reflectir o poñente en Foz), un dos elementos de maior interese nesta construción. Non é difícil imaxinar o efecto da caixa cerámica que será a casa, cos seus reflexos, correcta, impecable, case metálica, contrastando coa cor branca e tranquila dos elementos estructurales e da roca de onde brota ou aliándose á transparencia do vidro.[v]

Távora finaliza a memoria escribindo: «Unha estrutura partindo da roca sustenta o volume onde se habita e parece que quere entregalo ao mar. Así se podería traducir en palabras o propio proxecto». Analizado anos despois por Kenneth Frampton se convertirase na pedra de toque da Escuela de Oporto, polo seu «racionalismo topográficamente mediado»[vi].

antonio s. río vázquez . arquitecto

a coruña. maio 2013

Notas:

[i] TAVORA, F. «O problema da casa portuguesa» en TRIGUEIROS, L., Fernando Távora, Blau, 1993, Lisboa, pp. 11-13

[ii] Íd., p. 12

[iii] «Concurso para a obtençao do diploma de arquitecto», abreviado CODA.

[iv] TAVORA, F., Concurso para a obtençao do diploma de arquitecto. Uma casa sobre o mar., Archivo Facultade de Arquitectura. Universidade do Porto, p. 2

[v] Íd., p. 7

[vi] FRAMPTON, K., «En busca de una línea lacónica. Notas sobre la Escuela de Oporto» en AV 47, Madrid, 1994, p. 26

Antonio S. Río Vázquez

Antonio S. Río Vázquez (A Coruña, 1981) es arquitecto por la E.T.S.A. de A Coruña, master en Urbanismo y doctor por la Universidade da Coruña. Especializado en teoría y diseño, su línea de trabajo se ha centrado en la investigación y divulgación del patrimonio arquitectónico moderno. Ha desarrollado proyectos de modo independiente y ha colaborado con varios estudios de arquitectura. Es socio fundador de Aroe Arquitectura. Es profesor en el Departamento de Proyectos Arquitectónicos, Urbanismo y Composición de la Universidade da Coruña, y ha sido profesor invitado en la Robert Gordon University de Aberdeen (Reino Unido), en la Universidade do Minho (Portugal) y en la Università degli Studi di Roma La Sapienza (Italia). Es miembro de la red UEDXX Urbanism of European Dictatorships during the XXth Century, del Grupo de Investigación en Historia de la Arquitectura IALA y del Grupo de Innovación Educativa en Historia de la Arquitectura. Ha formado parte del proyecto de investigación FAME Fotografía y Arquitectura Moderna en España, 1925-1965. Los resultados de sus investigaciones, tanto personales como conjuntas, han servido como aportación a eventos de debate y difusión científica y han sido publicados en libros y revistas.

follow me

Arquivado en: Antonio S. Río, artigos

Tags: , , , , , , , , , , ,