Ray e Wright | Jorge Gorostiza

Nicholas Ray

Raymond Nicholas Kienzie, que sempre será para todo Nicholas Ray, tivo a grande oportunidade nos primeiros anos trinta de ser aprendiz de Frank Lloyd Wright en Taliesin durante un ano.

Tal como lle contou a Kathryn Bigelow nunha das súas derradeiras entrevistas:

«eu estaba a estudar teatro en Nova York, pero dende que chegara de Wisconsin adoitaba determe na súa casa de cando en vez. Viño á Universidade de Columbia a dar unha conferencia. Fun a oílo e ao final feliciteino. Demos un paseo xuntos e preguntoume se me convertería nun do seu primeiros estudantes e fun alí a facer teatro».

Charles Bitsch entrevistou a Ray en febreiro de 1957 para Cahiers du Cinema e preguntoulle como empezou a traballar con Wright:

«A arquitectura é a espiña dorsal de todas as artes; xa sabes, se é auténtica arquitectura, engloba cada dominio. A simple palabra arquitectura pode aplicarse tanto a unha obra de teatro coma a unha partitura ou a un modo de vida. Frank Lloyd Wright deulle a todos os mozos do mundo a oportunidade de encontrarse, de practicar a arquitectura, de vivir unha vida en común, e de intercambiar experiencias e puntos de vista. Non había moitos estadounidenses entre os trinta e cinco mozos que estiveron ao principio con Frank Lloyd Wright, pero había nicaraguanas, xaponeses, franceses, daneses, suízos e chineses, algúns eran escultores como Noguchi, músicos como Brooks e outros pintores».

Tamén lle preguntou se hai influencia de Wright na arquitectura das casas de A casa na sombra e Johnny Guitar:

«Non. Eu diría que a influencia máis obvia que Wright tivo en min, á parte dunha especie de actitude filosófica… non, non unha actitude filosófica, senón certo xeito de mirar ás cousas, é o meu gusto polo CinemaScope. Gústame a liña horizontal e o horizontal era esencial para Wright. Gústame moito o formato do CinemaScope e cando teño liberdade para usalo como me prace, como en Rebelde sen causa, dáme moita satisfacción facelo. Pero nas dúas películas que mencionaches, a arquitectura estaba tan determinada polo tempo e o lugar que non era como a de Frank Lloyd Wright e non debía nada á influencia que tivo sobre min. Usei obxectos, como o madeiro a árbore para Ida [Lupino], que son, é certo, o tipo de accesorios que se podían ter encontrado no estar dunha vila de Frank Lloyd Wright, pero na estrutura, na mesma arquitectura, non hai influencias de Frank Lloyd Wright. Non obstante, en Johnny Guitar… é difícil dicilo, necesitei un momento case arbitrariamente dramático para colocar a brancura do vestido de Vienna sobre as rochas vermellas, pero creo que poucas veces podes determinar a influencia exacta que recibiches, de onde vén o teu gusto por algo, ou como ese gusto evolucionou».

Nunca se sabe se as influencias mencionadas polos creadores son reais no momento no que se está a producir unha obra ou búscanse despois a través mesmo do que outros escribiron sobre esa obra. Non obstante, aquí quedan as opinións de Ray sobre Wright -tería sido interesante saber as de Wright sobre Ray, se é que o arquitecto tiña algunha sobre o cineasta- que, ao parecer, non acabaron sendo tan bos amigos como o eran ao principio.

Jorge Gorostiza, arquitecto. Autor do blogue Arquitectura+Cine+Cidade

Santa Cruz de Tenerife, febreiro 2015

Doctor arquitecto, proyecta y construye edificios y desarrolla trabajos de urbanismo. Desde 1990, publica numerosos artículos sobre cine y arquitectura en medios de su localidad, revistas como Nosferatu, Nickleodeon, Academia, Lateral, Cahiers du Cinema… y en varios volúmenes colectivos. Entre el 2000 y el 2005 dirige la Filmoteca Canaria. Imparte conferencias sobre arquitectura y cine en instituciones como el CAAM en Gran Canaria, la UIMP, el CENDEAC en Murcia, INCUNA en Gijón, Fundación Telefónica, la ETS de Arquitectura y el CCCB de Barcelona, las ETS de Arquitectura de La Coruña, Sevilla, Valencia y SEU madrileña, La Ciudad de la Luz en Alicante, la UNED en Pamplona, en varios colegios de arquitectos, así como en las universidades del País Vasco, Gerona, Valladolid, Málaga, Granada, SEK en Segovia y CEES de Madrid. Jurado en varios festivales cinematográficos, como los de Alcalá de Henares (2001), San Sebastián (2002), Sitges (2003), Las Palmas (2005) y Documentamadrid (2005), y comisario de las exposiciones Constructores de quimeras. (Centro Conde Duque, Madrid, 1999) y La arquitectura de los sueños (Capilla del Oidor, Alcalá de Henares, 2001).

He publicado bastantes libros y muchos artículos, he impartido conferencias, he sido comisario de exposiciones y jurado en muchísmos festivales. Si quieren saber más no duden en consultar mi blog ARQUITECTURA + CINE + CIUDAD.

follow me

Arquivado en: capturas, cine, Jorge Gorostiza

Tags: , , , , , , , , , ,