Rafael Aburto, arquitecto. A outra modernidade

O pasado 2 de novembro de 2013, o arquitecto Rafael Aburto celebrou o seu cen aniversario. Na súa homenaxe, a Fundación pon a disposición dos usuarios rexistrados na súa web, a libre descarga e visualización en pdf da publicación arquia/tese 18 Rafael Aburto, arquitecto. A outra modernidade de Iñaki Bergera.

Este libro analiza a figura e a obra do arquitecto Rafael Aburto Renobales. Trátase da primeira revisión sistemática da traxectoria persoal e profesional deste arquitecto, titulado pola Escola de Madrid en 1943.

O autor acomete un estudo do legado de Aburto á modernidade arquitectónica española do século XX. Esta análise crítica estrutúrase en catro grandes capítulos. O primeiro presenta o personaxe e as súas coordenadas interpretativas. O segundo e o terceiro abordan un estudo temático non cronolóxico dos episodios e conceptos que subxacer na traxectoria do arquitecto. Por último, o cuarto capítulo analiza os seus catro proxectos máis importantes: o concurso do Concello de Toronto (1958), o edificio do diario Pueblo (1959), o concurso da Ópera de Madrid (1963) e as vivendas en Neguri (1966). Ao final preténdese que o lector saboree con hondura os sinais de identidade da súa arquitectura: formúlanse os principios e intereses que sustentaron a súa produción arquitectónica e que poden servir, en último caso, para enriquecer o estudo da arquitectura española recente mediante a valoración dunha arquitectura intemporal, non canónica, pero cuxa linguaxe inequivocamente abstracto-racional e expresiva a este tempo – resalta o asombroso talante artístico e creativo de Rafael Aburto.

Iñaki Bergera é arquitecto pola Universidade de Navarra en 1997. Subvencionado pola Fundación a Caixa, en 2002 graduouse con premio extraordinario no Máster in Design Studies de la Graduate School of Design de la Universidad de Harvard (GSD). En 2002 obtivo o título de Doutor Arquitecto cunha tese sobre o arquitecto Rafael Aburto, premiada e publicada en 2005 pola Fundación Caixa de Arquitectos e Premio de Cultura COAVN 2007. Foi comisario da exposición sobre este arquitecto organizada polo Ministerio de Vivenda en Madrid (2005). Foi Profesor en diferentes universidades españolas e estranxeiras. Especializado en arquitectura española contemporánea e fotografía, publicou artigos en revistas, catálogos e prensa, impartiu seminarios e conferencias e lido relatorios en congresos nacionais e internacionais, participando igualmente en diversas investigacións colectivas, entre as que destaca o proxecto europeo de Rexistro da Arquitectura Española do século XX. Dende 2006 traballa en colaboración con Iñigo Beguiristáin. Os seus traballos foron distinguidos cun amplo recoñecemento en convocatorias de ámbito nacional e internacional.

+ info

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: libros, publicacións

Tags: , , , , , ,