Premio Juana de Vega de Intervencións na Paisaxe 2019

Premio Juana de Vega de Intervenciones en el Paisaje 2019

No ano 2019 convócase o Premio na categoría de INTERVENCIÓNS EN ESPAZOS EXTERIORES, que ten por obxecto recoñecer aquelas intervencións realizadas en espazos exteriores tanto públicos como privados que contribúan a mellorar a calidade da paisaxe.

Poden ser candidatos ao premio: autor/es do proxecto ou da intervención, cuxo promotor sexa unha persoa física ou xurídica de natureza pública ou privada.

Só se admitirán intervencións realizadas en Galicia, que fosen finalizadas entre o 1 de xaneiro de 2014 e o 31de decembro de 2018.

O prazo para a presentación de candidaturas estará aberto ata o 28 de xuño de 2019 e o fallo do xurado darase a coñecer no último cuadrimestre do ano.

O xurado para esta convocatoria estará formado por:

· Teresa Andresen, enxeñeira agrónoma, doctora en Ciencias Aplicadas e Medioambiente pola Universidade de Aveiro, Máster en Arquitectura da Paisaxe pola Universidade de Massachusetts, catedrática do Departamento de Botánica da Universidade de Porto.

· Juan Manuel Palerm Salazar, catedrático da Escola de Arquitectura das Palmas de Gran Canaria. Presidente de UNISCAPE.

· Pedro Calaza Martínez, doctor enxeñeiro agrónomo e doctor en Arquitectura da Paisaxe. Decano do Colexio de Enxeñeiros Agrónomos e membro do Comité de Expertos da Escola Galega de Paisaxe Juana de Vega.

· Covadonga Carrasco López, arquitecta en CREUS e CARRASCO, con varios galardóns entre eles: tres Premios Juana de Vega de vivendas unifamiliares e Premio na Bienal de Venecia pola Remodelación do Porto de Malpica.

· Mª Isabel Iglesias Díaz, doctora enxeñeira agrónoma, Profesora Titular no Departamente de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñería da USC. Coordinadora do Máster en Arquitectura da Paisaxe Juana de Vega e do Grado en Paisaxe.

· Inés Santé Riveira, doctora enxeñeira agrónoma, Profesora Titular no Departamento de Enxeñería Agroforestal da USC. Exdirectora do IET da Xunta de Galicia..

· Enrique Sáez Ponte, Presidente da Fundación Juana de Vega.

· Isabel Aguirre de Urcola, arquitecta e paisaxista e Directora da Escola Galega da Paisaxe Juana de Vega.

O premio terá unha dotación económica de 6.000,00 €. Ademais, os premiados recibirán un diploma acreditativo.

A criterio do xurado poderán concederse dous accésits, dotados cada un deles cun diploma e unha cantidade económica de 1.500,00 €.

Consulta toda a información nas bases.

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: convocatorias, evento, premios

Tags: , , , , , , , , , , , , , ,