Premio Juana de Vega de Intervencións na Paisaxe 2016

premio-juana-de-vega-intervención-en-el-paisaje-2016

O Premio Juana de Vega de Intervencións na Paisaje na paisaxe xorde do convencemento de que a paisaxe é un elemento fundamental do patrimonio de calquera sociedade humana, por incidir directamente no seu benestar físico e espiritual e por ser un recurso socio-económico de enorme potencial.

Para poñer en valor e mellorar a calidade paisaxística do territorio, a Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega, convoca este premio co obxecto de recoñecer aquelas intervencións no patrimonio natural e construído, que contribúan a mellorar a calidade dos elementos que configuran a paisaxe de Galicia e que sirvan de referencia social para futuras intervencións no mesmo.

O Premio, que se convocará anualmente, consta de tres categorías:

1. Intervencións nos espazos exteriores. 2016
Recoñecemento a aquelas intervencións realizadas en espazos exteriores. O prazo para a presentación de candidaturas estará aberto ata o 30 de xuño de 2016 e o fallo do xurado darase a coñecer no último cuadrimestre do ano.

2. Intervencións privadas no patrimonio construído e a súa contorna. 2017
Recoñecemento a aquelas intervencións destinadas a recuperar o patrimonio construído e a posta en valor da súa contorna.

3. Vivendas unifamiliares. 2018
Recoñecemento á mellor vivenda unifamiliar, tanto de nova planta como de rehabilitación, que poida influír favorablemente nos tipos de vivenda que se constrúen en Galicia.

Para máis información, consulta cada categoría do premio.

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: convocatorias, evento, premios

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,