Pousada Xardín de Ribadumia | Mauro Lomba Martínez

No Salnés os viñedos de Albariño esténdense sobre a paisaxe. As pastas graníticas sosteñen emparrados e as construcións tradicionais aproveitan os recursos naturais, parras para dar sombra galerías para quentar o fresco debaixo da terra, os muíños preto dos regatos… La pedra para construír.

Claustro e acequia

A Pousada de Ribadumia proxectouse e construíu dentro do conxunto de actuacións denominada “Pousadas Jardín: Creación dun produto turístico” da Deputación de Pontevedra. O proxecto sitúase no concello de Ribadumia, bisbarra do Salnés, provincia de Pontevedra. A zona é característica polo seu clima atlántico, a riqueza das súas rías e a paisaxe de parras para o cultivo do viño albariño.

O conxunto da Pousada fragméntase para crear espazos verdes entre os volumes e adaptarse á presenza de árbores e ás diferentes escalas rurais das edificacións do ámbito.

O bloque dos servizos comúns elévase en planta primeira, para crear un acceso cuberto en planta baixa e continuar a escala da casa parroquial adxacente.

Tómase como referencia a escala pequena dos muíños ao longo do Umia para os módulos dos cuartos que se van xirando segundo a óptima orientación e vistas, para crear un patio que funcione como espazo exterior privado. A auga discorre por este, como un regato máis, mentres que a vexetación tapiza os espazos abertos. Galicia é unha gran rocha, auga e vexetación.

Entre os diferentes módulos, comunicándoos, discorre unha galería acritalar que recorda aos camiños emparrados galegos, actúan como un colchón térmico, ventilación cruzada en época estival e efecto invernadoiro en inverno.

A pedra das pastas graníticas dos viñedos do Salnés trasládase ás fachadas xerando ritmos dende o interior e dende o exterior, de luces e sombras, de vistas, de privacidade, de control solar.

A pedra utilizada é granito de gran fino procedente da canteira de Lalín. Tras cortar as pezas principais ábrense en dous polo sistema de “rachado de forma que cada pasta granítica rompe cunha orografía e textura diferente, cada peza se fai única e o conxunto de todas proporciona unha visión que se enriquece coas luces e sombras da súa propia volumetría.

Obra: Pousada Xardín de Ribadumia

Autor: Mauro Lomba Martínez

Colaboradores: María Pierres López, María del Carmen Moldes García, Ana Monteagudo García

Aparellador: Vicente Fraga Fernández

Promotor: Diputación de Pontevedra

Contratista: Construcciones Abal, S.A.

Presuposto: 3.673.097 €

Data de proxecto: 07/06/2010

Data de terminación: 28/12/2012

Emprazamento: Concello de Ribadumia, Pontevedra

Fotografías:Vicente Fernández Piedras (Foto 01) | Adrián Capelo Cruz (Foto 02-13)

+ maurolomba.com

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, equipamiento dotacional, equipamiento terciario, espacio publico, obras

Tags: , , , , , , , , , , ,