Pensar a arquitectura

“A realidade da arquitectura é oo concreto, o convertido en forma, masa e espazo, o seu cuerpo. Non hai ningunha idea fora das cousas”

Peter Zumthor

Pensar a arquitectura recompila diversos escritos de Peter Zumthor cuxo valor reside na reflexión que acompaña á intesidad da súa obra. Escritos ao longo de dez anos, os textos constitúen un raro e valioso testemuño do pensamento do mestre suízo.

Peter Zumthor (Basilea, 1943) formouse como ebanista, deseñador e arquitecto na Kunstgewerbeschule de Basilea e no Pratt Institute de Nova York. Traballou no Departamento de Conservación de Monumentos do cantón suízo de Graubünden e dende 1979 ten o seu propio despacho en Haldenstein, Suíza. É profesor na Accademia dei Architettura de la Università della Svizzera Italiana en Mendrisio, Suíza, e foi profesor invitado en diversas universidades de todo o mundo.

Entre as súas obras máis importantes destacan: cubrición do depósito arqueolóxico romano (Chur, Suíza, 1986), capela de Sogn Benedetg (Sumvitg, Suíza, 1988), vivendas para xubilados (Chur-Masans, Suíza, 1993), termas (Valse, Suíza, 1996), Kunsthaus Bregenz (Bregenz, Austria, 1997), pavillón de Suíza na Exposición Universal (Hannover, Alemaña, 2000), centro de documentación ‘Topografía do terror’ pezas prefabricadas (Berlín, Alemaña, 1997; proxecto interrompido polo goberno rexional), Kunstmuseum Kolumba (Colonia, Alemaña, 2007) e capela Bruder Klaus (terreo de Scheidtweiler, Mechernich, Alemaña, 2007).

A súa obra foi recollida en exposicións e numerosas publicacións especializadas e na monografía Peter Zumthor: Works. Buildings and Projects 1979-1997 (Lars Müller, Baden, 1998). Recibiu o Premio Pritzker de Arquitectura 2009 e a Royal Gold Medal de arquitectura 2013.

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: libros, publicacións

Tags: , , , , , , , , , , ,