Mesa Lusi | cenlitrosmetrocadrado

5 (100%) 1 vote[s]

clm_MesaLusi_04

Cada vez resulta máis habitual encontrar a profesionais que desenvolven a súa actividade de forma íntegra ou parcial dende o seu domicilio, que ademais dun aforro económico e de tempo permite unha maior flexibilidade na organización das actividades.

Esta alteración nos hábitos de vida require tamén unha resposta dende outros planos como poden ser o dos espazos e o do equipamento doméstico, esixindo entornos flexibles, capaces de adaptarse ás diferentes accións que se van sucedendo ao longo do día nun mesmo lugar.

A tradicional diferenciación entre mobiliario doméstico e de oficina comeza a non estar tan clara, xurdindo pezas capaces de convivir en diferentes ambientes, tanto no plano funcional como nos códigos máis formais e expresivos.

Lusi nace coa intención de aunar a calidez e proximidade do mobiliario doméstico e a limpeza e pragmatismo das solucións de oficina, esta vocación por acurtar distancias foi unha constante en todo o proceso de deseño.

Constrúese a partires dunha sinxela estrutura de madeira maciza de cedro sobre a que se apoia un taboleiro contrachapado melamínico. A estrutura emprega unha linguaxe de culto ao material e ao oficio, mentres que a superficie faino nun tono máis sobrio e contido, vinculado á funcionalidade e a durabilidade.

Obra: Lusi. Deseño e desenvolvemento de mesa
Data: Setembro 2015
Cliente: Alfonso Salgado
Deseño: Cenlitrosmetrocadrado e Alfonso Salgado
Produción: Óscar o carpinteiro
Materiais: Cedro brasileño e taboleiro contrachapado con melamina branca mate
Fotografía: Cenlitrosmetrocadrado
Agradecementos: Ameneiros Rey, estudio de arquitectura
+ cenlitrosmetrocadrado.com

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, mobiliario, obras

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , ,