A vacuidade da crítica | Óscar Tenreiro Degwitz

Un espectacular con peso propio: Rem Koolhas. Aquí o conxunto De Rotterdam (160.000 m2) inaugurado recentemente

Todos os arquitectos que nomeei a semana pasada e os que me faltou nomear por razóns de espazo son fillos do Movemento Moderno malia que os seus desenvolvementos individuais, os seus traxectos persoais, poidan ser incluídos en categorías creadas ad-hoc por algún respectado historiador coa idea de destacar a especificidade da súa obra. Categorías por certo que moitas veces dependen das raíces culturais, locais (un país, unha tradición) que os nutren, e que por iso mesmo teñen un carácter relativo.

É innecesario dicir pero fágoo, que todos somos fillos do noso tempo histórico, e para os que se achegaron á arquitectura nas primeiras décadas do século vinte os valores levados á conciencia polo Movemento Moderno estaban alí a mostrarse e marcando a sensibilidade de cada quen, independentemente dos camiños que haberían de seguir. Non necesitamos que algún autor por ilustre que sexa nos autorice a consideralos así e tampouco ten sentido que se nos chame a ser correctos no uso de termos que en definitiva teñen múltiples significados. Porque habería entón que escribirlle pedíndolles corrección ás decenas de críticos norteamericanos que usan o termo modernista para referirse especificamente aos arquitectos cultores do “estilo” moderno. E para ser máis preciso invito a buscar no New York Times os seguintes artigos, todos escritos a propósito do Arq. Paul Rudolph (1918-1997), os cales seleccionei porque me foi sinxelo chegar a eles, aclarando que para ilustrar o meu punto de vista hai decenas de exemplos. O primeiro, foi escrito por Herbert Muschamp ao morrer Paul Rudolph en 1997; outro do 27 de Agosto de 2008 do crítico de arquitectura Nicolai Ouroussoff sobre o edificio de Rudolph para a Facultade de Arquitectura da Universidade de Yale, un terceiro acerca dun edificio educacional de Rudolph en Florida que se ía demoler; e por último o de Robin Pogrebin, de Febreiro 11 do 2013 sobre un edificio próximo a Nova York que un socio da firma Gwathmey-Siegel (dos New York Five dos oitenta) propón rescatar. En todos eses artigos e constantemente na crítica xornalística dos Estados Unidos úsase o termo “modernista” para illar os arquitectos que non calzan nas correntes á moda.

Creo que a “Crítica-que-filosofa”, tal como o digo na nota de hoxe, é un tipo de discurso de raizame sobre todo académica con moi pouca pertinencia respecto ás realidades do exercicio da arquitectura. É en certo modo un vestixio de usos filosóficos superados que se seguen practicando por aquilo do “meigallo da linguaxe”, termo que nos deixou un gran filósofo e que describe moi ben a eterna tentación de ir máis alá do que pode dicirse. Tampouco creo que achegan nada significativo as súas ramificacións e entre elas particularmente a crítica ideolóxico-política, que proliferou enormemente en Latinoamérica grazas a que por estes lados do mundo seguimos aferrados a unhas cantas cousas do pasado. É un modo de pensar a arquitectura que inevitablemente leva a darlle demasiado valor ás xustificacións morais ou moralistas da obra na súa dimensión socio-política, escurecendo ou desdeñando os méritos disciplinares e a transcendencia cultural da experiencia de construír. É o tipo de crítica que inspirou por moitos anos os debates dos Seminarios de Arquitectura Latinoamericana (SAL). Talvez os segue inspirando, pero non teño información a man para aseveralo.

En Venezuela ese nesgo crítico tivo excesiva vixencia durante un bo número de anos e aínda hoxe parecese que se nega a morrer se nos atemos ao que se dixo en relación á arquitectura pública durante a etapa política que estamos a vivir. Sobre a cal se escribiu, quíxeno facer notar nun acto recente no Colexio de Arquitectos, principalmente dende unha perspectiva cuantitativa (cifras e porcentaxes no caso por exemplo da Misión Vivenda) ou facendo alusión ás manipulacións que se fan dende o Poder. Haberá que esperar unha maduración cultural que nos axude a superar a resistencia a falar da arquitectura en termos propios da disciplina.

Aclaro finalmente que me interesa o discurso crítico baseado na descrición ou na crónica e por suposto o que lanza unha mirada dende a historia.

Aínda que neste último caso debo acoutar que os historiadores cometen con frecuencia o erro de pedirnos apego aos seus puntos de vista. Non son historiador, tampouco crítico; son un arquitecto que quere construír, pensa a arquitectura e escribe sobre iso.

Óscar Tenreiro Degwitz, Arquitecto.
Venezuela, agosto 2014,
Entre lo Cierto y lo Verdadero

Óscar Tenreiro Degwitz

Es un arquitecto venezolano, nacido en 1939, Premio Nacional de Arquitectura de su país en 2002-2003, profesor de Diseño Arquitectónico por más de treinta años en la Universidad Central de Venezuela, quien paralelamente con su ejercicio ha mantenido ya por años presencia en la prensa de su país en un esfuerzo de comunicación hacia la gente en general de los puntos de vista del arquitecto acerca de los más diversos temas, entre los cuales figuran los agudos problemas políticos de una sociedad como la venezolana. Tenreiro practica así lo que el llama el “pensamiento desde y hacia la arquitectura”, insistiendo en que lo hace como arquitecto en ejercicio, para escapar de los estereotipos y cautelas propios de la “crítica arquitectónica”. Respecto a la cual no oculta su desconfianza, que explica recurriendo al aforismo de Nietzsche sobre el crítico de arte “que ve el arte desde cerca sin llegar a tocarlo nunca”.

Arquivado en: artigos, Óscar Tenreiro Degwitz

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,