A mirada viaxeira | Marcos Miguélez

5 (100%) 1 vote

La mirada viajera Marcos Miguélez o11

O proxecto consistiu na transformación dun pequeno local comercial en espazo de traballo para unha axencia de viaxes.

Duns 45 metros cadrados e situado na planta baixa dun edificio de vivendas, o volume de intervención é maior en altura que en anchura. O teito permite traballar ata unha altura libre duns cinco metros e o ancho ao redor de tres. Ten a súa única apertura á luz natural na fachada principal.

A proposta exponse como un espazo a dobre altura que organiza as súas actividades en dous niveis. Deste xeito, segundo a privacidade e funcionalidade do programa, repartíronse as actividades en dúas plataformas conectadas por unha escaleira de caracol.

A área de atención ao público, con acceso directo desde a rúa, sitúase no nivel máis baixo. No altillo atópase a sala privada de oficina, definida por unha mesa flotante envorcada cara á dobre altura e as vistas á rúa. Ao fondo e baixo o altillo preexistente hai un pequeno office, un aseo e un almacén, que crean unha zona de servizos.

A fachada principal defínea unha ventá e unha porta de dúas follas que se abre intencionadamente á rúa, buscando a luz, a paisaxe e a relación co espazo público.

Obra: A mirada viaxeira
Autor: Marcos Miguélez
Ubicación: Ponferrada – León, España
Superficie total: 45 m2
Ano: 2018
Fotografías: Antonio V. Sotelo 
Colaboradores: Talleres Roval S.L.
+ marcosmiguelez.com

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, obras, reforma interior

Tags: , , , , , , , , , , , , ,