A cidade imaxinaria

A cidade imaxinaria.

As décadas de posguerra civil española non se tratan dun pasado morto, trátase mais ben dunha visión do presente. Un inventario de indicios quizais poden revelarnos o que ocorreu. Recompoñer as pezas, contextualizar a realidade política e social que vivía o país, para poder entender mellor o presente. A concesión de créditos por parte de EE.UU a cambio do establecemento de bases militares norteamericanas en territorio español, o Congreso Eucarístico celebrado en 1952 en Barcelona e as políticas do ministerio de Vivenda creado en 1957 non son feitos neutros para a transformación da cidade.

Cidade Meridiana, é un barrio periférico da cidade de Barcelona, e é o obxecto de estudo deste ensaio documental dadas o seu características tanto históricas como formais. Construída a finais da decada dos sesenta do século XX, como resposta á necesidade masiva de vivenda provocada pola onda de inmigración procedente maioritariamente do mundo rural, planificouse ocupando uns terreos desestimados anteriormente pola humidade do lugar.

Foron considerados adecuados, con todo e a pesar das condicións orográficas, para a edificación de grandes bloques de vivendas graduados entre si para poder adaptarse á topografia, pero prácticamente sen dotación de servizos urbanos e equipamentos básicos.

Cidade Meridiana como paradigma do barrio que talvez nunca debeu de construírse, un barrio marcado polas loitas veciñais que tratan de visibilidar a súa existencia baixo a sombra da marca Barcelona.

Máis na súa canle de vimeo.

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: tv

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , ,