Intersección | Antonio S. Río Vázquez

«Coas últimas liras e o kilométrico saio da Termini de Roma e, de vez, chego a Coruña. Vin e oído, pintei, aprendín»

Andrés Fernández-Albalat

Todo camiño debería levarnos —polo menos algunha vez— a Roma. E alí, posiblemente, o camiño pase pola estación Termini. «Unha soa estación central para todo o ferrocarril que chegue á capital», quedou establecido por decreto en 1856, sinalando o comezo da súa historia moderna.

Estación de Termini nos anos cincuenta | Archivio RomaTermini

En ocasións, a importancia dun lugar vén dada polo significado do seu denominación. Emplazada xunto ás termas de Diocleciano, a estación terminal de Bianchi (1864) —tomando o modelo parisino da Gare de l’Est— permitía desvelar outras arquitecturas presentes en Roma como a basílica ou o arco triunfal, que reaparecían a través do ferro decimonónico. Termini converteuse nun punto de encontro, non só de pasaxeiros..

A primeira Termini enseguida convértese na vella Termini. Sobrevive ao cambio de século pero a convulsa Europa das primeiras décadas do XX e as ideas imperiales do Duce demandan unha nova solución. Sen perder a súa condición de acceso monumental na cidade, era preciso reconvertela nunha estación moderna, transformar o final nun enlace, pasar do término ao tránsito.

Así nace o remate de Mazzoni (1925), interrompido e completado, a partir do concurso de 1947, co proxecto Montuori (con Calini, Vitellozzi, Castellazzi, Fadigati e Pintonello). Evitando fracturas e discontinuidades, a estación convértese na integración da imaxe representativa anhelada por Mazonni coa magistral resolución do programa por parte dos gañadores do concurso.

Un resultado que se entende principalmente na súa sección, onde se suscitan catro espazos diferenciados formal e funcionalmente que obedecen aos novos usos da estación: a galería de remate —transversal ás vías—, o bloque de oficinas, o atrio cuberto e a zona de recepción exterior. Estos dous últimos cúbrense coa escultórica marquesina que recibe os viaxeiros e abre a estación a cidade.

Termini deixaba de ser un extremo para converterse nun cruzamento, nunha intersección. Alí atópanse os trens co metro e os autobuses, pero tamén están as tendas, os restaurantes, a farmacia, a capela… ata é posible gozar de concertos e exposicións na súa galería de arte. Lonxe de ser un espazo anónimo, transfórmase nun espazo con memoria ou, como defende a súa lema, en «un lugar para vivir».

Os viaxeiros que chegan á cidade, os que usan a estación como punto de enlace ou os que simplemente atravesan entre as rúas Marsala e Giolitti, atopáranse cunha lección construída sobre a historia de Roma. Unha historia que vai dende as antigas termas á tipografía Futura presente na señalética do século XXI.

Fai tempo escribín, á volta de Roma, que a cidade era «un lenzo pintado, un mármore esculpido e un plano trazado» porque se podía observar ao mesmo tempo o resultado e o proceso, a inspiración e a crise, a vida e a ruína». Ao regresar puiden comprobar o escrito, simplemente atravesando a súa estación.

antonio s. río vázquez . arquitecto
a coruña. marzo 2013

Antonio S. Río Vázquez

Antonio S. Río Vázquez (A Coruña, 1981) es arquitecto por la E.T.S.A. de A Coruña, master en Urbanismo y doctor por la Universidade da Coruña. Especializado en teoría y diseño, su línea de trabajo se ha centrado en la investigación y divulgación del patrimonio arquitectónico moderno. Ha desarrollado proyectos de modo independiente y ha colaborado con varios estudios de arquitectura. Es socio fundador de Aroe Arquitectura. Es profesor en el Departamento de Proyectos Arquitectónicos, Urbanismo y Composición de la Universidade da Coruña, y ha sido profesor invitado en la Robert Gordon University de Aberdeen (Reino Unido), en la Universidade do Minho (Portugal) y en la Università degli Studi di Roma La Sapienza (Italia). Es miembro de la red UEDXX Urbanism of European Dictatorships during the XXth Century, del Grupo de Investigación en Historia de la Arquitectura IALA y del Grupo de Innovación Educativa en Historia de la Arquitectura. Ha formado parte del proyecto de investigación FAME Fotografía y Arquitectura Moderna en España, 1925-1965. Los resultados de sus investigaciones, tanto personales como conjuntas, han servido como aportación a eventos de debate y difusión científica y han sido publicados en libros y revistas.

follow me

Arquivado en: Antonio S. Río Vázquez, artigos

Tags: , , , , , , , , , , , , ,