Eso din · desescribir

O próximo xoves 16 de xaneiro terá lugar unha nova sesión de sesións coloquio de arquitectura, Eso din. Nesta ocasión, o convidado será desescribir. A sesión dividirase en media hora de presentación do arquitecto e outros trinta minutos de coloquio informal co público.

Iso din é un ciclo de sesións-coloquio que se celebra o primeiro e terceiro xoves de cada mes entre as 20:00h e as 21:00h na planta baixa do Taller Creativo No Importa (rúa San Andrés, 46); nel participan arquitectos galegos pertencentes a distintas xeracións coa intención de presentar un amplo espectro de enfoques da disciplina, sempre cunha reflexión acerca do papel do arquitecto no momento actual como pano de fondo.

desescribir é un estudio de deseño editorial e gráfico formado por Cibrán Rico e Suso Vázquez, arquitectos de formación. desescribir é a maneira de expresar un desexo e unha necesidade: a de cuestionar, poñer en dúbida e, cando é posible, de repensar a realidade. Dende a primavera do 2012 desescribir ten un espello de nome Fabulatorio.

+ desescribir.com

ESO DIN · desescribir

Xoves 16 de xaneiro 20:00 – 21:00h

aforo limitado – entrada gratuita

[NO IMPORTA] taller creativo

C/San Andrés 46 planta Baixa

A Coruña [España]

Organiza:

Alberto Alonso Oro [veredes.es]

Maria Olmo Béjar + Borja López Cotelo [lasonceymedia.com]

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: deriva

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,