O Refuxo | castroferro arquitectos

Trátase dunha parella coa inquietude de poder pasar momentos da súa vida en contacto máis directo coa natureza e rodeados do esencial para habitar.

De carácter temporal, a construción de 4 m x 3 m emprázase no terreo elixido pola parella para a construción da súa futura casa e a súa durabilidade proxéctase en función do tempo que necesitarán para construíla.

Funcionalmente o refuxio xira en torno a un espazo principal de 9,5m². Nel, os mobles dispóñense e despregan de tal forma que o mesmo espazo pode considerarse cuarto, cociña ou comedor. Deste xeito, poderiamos dicir que a sensación espacial do refuxio non é de 12 m², se non de 31.

O baño, de 2,5 m² conta con lavabo, unha ducha e un inodoro químico que fai ao refuxio independente da rede de saneamento. O resto das augas depúranse nunha balsa de macrofitas e devólvense ao terreo en perfectas condicións.

A construción realízase integramente en taller con taboleiros de fibra de densidade media no interior e paneis de madeira contralaminada de 6 cm cara ao exterior que resolven á vez cerramento e estrutura.

A elección do devandito sistema construtivo ofrece unha serie de vantaxes técnicas que repercuten na facilidade e rapidez de construción, estimándose un tempo aproximado de execución en taller de tres semanas, así como nunhas calidades de confort axeitadas ao uso que se fai deste espazo.

En inverno, a baixa condutividade térmica da madeira permite quentar os espazos en moi pouco tempo e que a temperatura se manteña no tempo.

En verán, pola contra, o ambiente mantense fresco grazas á ventilación cruzada e a sombra que as árbores botan sobre a construción.

Obra: O Refuxo
Cliente: Privado
Autores: castroferro arquitectos | María González Ferro + Jordi Castro Andrade
Colaboradores: Joana Covelo Alonso
Dirección de obra: castroferro arquitectos | María González Ferro + Jordi Castro Andrade
Ano: 2014
Emprazamento: —- Galicia, España
Fotografia: Ángel Tourón
+ castroferro.com

+ premios
Premio COAG 2012-2014 na categoría de Baixo Custe

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, obras, vivienda unifamiliar

Tags: , , , , , , , , , , , , ,