resente como utopía | Jorge Gorostiza

Nova York en 1980 según Just Imagine (David Butler, 1930)

Nunha entrada anterior do meu blogue escribía sobre a nova revista de cine e arquitectura Teatro Marittimo, creada e dirixida por David Rivera. No seu primeiro número, dedicado a utopías construídas, publicaron un artigo meu titulado «O presente como utopía» e subtitulado «vista da cidade actual dende o pasado», sobre como nas películas de ciencia ficción se imaxinaron as cidades que nese momento eran o futuro e agora xa son o noso pasado, dende a década dos corenta, ata o entón mítico comezo do Século XXI. Películas como Just Imagine, estreada en 1930 e na que se imaxinaron como ía ser o Nova York do ano 1980, quizais por tratarse dun bo e coñecido exemplo, David puxo a fotografía que achego ao principio do artigo.

Como xa fixen noutras ocasións, copio aquí só o principio deste artigo, porque a revista aínda está nas librarías e se pode ler en papel, por iso hai que comprala, entre outros motivos, para garantir a súa subsistencia.

«A palabra utopía procede do grego e etimoloxicamente pode ter dúas orixes, un significa “bo lugar” e o outro, “non lugar”. Ambos os dous refírense a un sitio, no primeiro trataríase dun óptimo, pero no segundo descóbrese un grave problema, é un sitio que non existe. Un lugar, un espazo que case sempre se encontra edificado de forma parcial ou é totalmente urbano, que foi descrito con palabras e representado graficamente en moitas ocasións, tendo configuracións arquitectónicas e urbanísticas moi diversas, pero que só puido percorrerse en movemento grazas á imaxe cinematográfica, televisiva ou dos videoxogos.

O propio cine pode considerarse como unha utopía “un ningún lugar da imaxinación, onde o espazo é a dimensión crucial” (Darke 2007: 27), precisamente pola importancia das súas calidades espaciais, mesmo arquitectónicas, porque, como escribe Anne Hurault-Paupe: “no cine, a noción de utopía denomina certo tipo de relacións entre lugares […] pódese considerar como o cine crea os “lugares da nada” (no caso dunha película de ficción, o espectador, confinado nunha sala escura, está inmerso nun mundo ficticio -a diégesis- que se manifesta pola imaxes en movemento e os sons) […] Así, cando o cine, nas salas escuras, mostra as ficcións que teñen lugar en espazos cualificados como non reais e cuxo significado é o sono dun mundo ideal, está sumamente cargado de utopía” (Hurault-Paupe 2007: 50).

Tendo en conta estas relacións, antes de continuar, é necesario establecer dúas premisas, a primeira sobre o termo distopía, unha palabra que ao parecer foi creada por Stuart Mill a finais do século XIX, case ao mesmo que as utopías literarias se convertían en utopías negativas, recórdese entre outras: Cando o durmido esperte (Wells, 1899), O talón de ferro (London, 1908), Nos (Zamiatin, 1924), Un mundo feliz (Huxley, 1932) e 1984 (Orwell, 1949); como opina Danièle André «a distopía corresponde a un desexo da utopía, representa a súa pulsión de morte: o obxectivo último da utopía é a distopía» (André 2005: 166); por iso, ao falar do futuro da cidade no Cine, ese que en realidade agora xa é o pasado, non se distinguirá entre lugares utópicos e distópicos. A segunda premisa é o estrito obxecto de estudo deste artigo: só aquelas películas visionarias, case sempre pertencentes ao xénero de ciencia ficción, en cuxo argumento se indica exactamente o ano cando trascurre o seu argumento e, por suposto, cando este sexa anterior a 2011.

Os pacíficos 40

1940, Londres é unha gran capital, como se ve cando un autoxiro despega dende o teito dun edificio e inicia o voo sobre o Támese, onde se cruza con bastantes aeronaves, todas elas propulsadas por hélices; mentres nas marxes do río se construíron edificios, a maioría con aeroportos nas súas azoteas, de estilos eclécticos, pouco estilizados, sen demasiado atractivo arquitectónico e bastante máis alta que a Torre do Reloxo do Pazo de Westminster, que pode verse aos lonxe, case sepultada entre estas edificacións.

Este Londres pertence a High Treason (Maurice Elvey, 1929), cuxo cartel mostra unha arquitectura aínda máis avanzada que as propias imaxes da película e no que aparece, ademais dun, ao parecer inevitable, aeroporto no alto dun edificio, un gran dirixible pasando por debaixo dun viaduto sobre o que circulan ferrocarrís e se le «1930 ‘ VISION OF 1940».

A crítica do momento destacou todo este dispendio de tecnoloxía futurista “con viva imaxinación e gran realización técnica [Maurice Elvey] produciu imaxes do que o mundo podería ser en 1940 o que, sen dúbida, atrae a atención. Son interesantes, mesmo se un non as considera convincentes. Pero, ¿será Londres unha cidade robot nun tempo tan curto como dentro de dez ou once anos? Pode haber unha nova ponte en Charing Cross, pensando que non é seguro; e pode haber mesmo un túnel da Canle da Mancha, o que é aínda máis incerto. Os helicópteros poden ser de uso común e os avións poden aterrar e despegar das cubertas de edificios de moitos pisos facendo sombra á cúpula de San Pablo. Pode que non haxa periódicos, que a radiodifusión suplantase ao London Times e as revistas que son publicadas por Lord Rothemere e Lord Beaverbrook cada mañá e tarde neste ano de graza. Pero Maurice Elvey non convence a ninguén que as imaxes que presenta tan admirablemente sexa probable que prevalezan nun espazo de tempo tan curto como o de dez anos a partir de agora” (Marshall 1929). A pesar da admiración polo que se ve na película, o crítico dubida razoablemente sobre a posibilidade da súa existencia e é certo que en canto á cidade, afortunadamente non se puido ver salvo nas pantallas cinematográficas. Unha admiración que hai continuada mesmo anos despois, «destacan os rañaceos de estilo Tudor de cincuenta pisos» (Ackerman 1997: 179), cando en realidade, abonda contar as plantas dos que se ven, para comprobar que só teñen ao redor de vinte.

É evidente que este aspecto da produción era o máis importante, así resáltao o press-book da película: “unha historia como esta ofrece oportunidades para efectos visuais e sonoros únicos, e a película móstranos Londres en 1940, coa nova Ponte de Charing Cross, rúas de dous pisos, aeroplanos, aeronaves e helicópteros que ascenden e aterran nos teitos de edificios no corazón da City; uso diario da televisión, noticias difundidas simultáneamente en son e imaxe, o Túnel da Canle en funcionamento, o club nocturno do futuro cos seus instrumentos mecánicos de música de jazz e damas esgrimidoras cando se converte en cabaré; modas de 1940, con máis peles para as mulleres e camisas de suave seda e pantalóns ata o xeonllo para os homes; en definitiva, unha época de marabillas científicas e sorpresas no vestir” (Soister 2004: 99).No se debe deixar de mencionar outro Londres do futuro, esta vez sen data, pero antecedente do citado, o mostrado pola curtametraxe de The Fugitive Futurist (Gaston Quiribet, 1924), onde a través dun aparato se poden ver as ondas rompendo en pleno Trafalgar Square, o Strand cheo de carteis luminosos, un enorme dirixible atracando na torre do Parlamento e, como explica un intertítulo, “Tower Bridge resolverá os problemas de tráfico” porque por debaixo discorren unhas vías ferroviarias, mentres pola súa banda superior circulan trens elevados e “a ciencia revolucionará os métodos de edificación”, como explica outro intertítulo e a continuación, tras mostrar canto tarda un obreiro preguiceiro en colocar un ladrillo, se ve unha parede de ladrillos levantándose soa sen intervención humana; pena ao final se descubra que que o aparato en realidade só contén uns ladrillos e o seu inventor é reconducido ao manicomio de onde se fuxiu, polo que todas as marabillas que viu o espectador son elucubracións que lles narrou un tolo.

Volvendo ao Londres de High Treason, hai gran tensión nas fronteiras entre os Estados Atlánticos e os Estados Federados de Europa, a Liga Mundial da Paz intenta evitar os conflitos, non obstante, os esbirros dunha empresa de armamento fan estalar unha bomba nun tren xusto no túnel da Canle da Mancha, para provocar a conflagración; Europa mobiliza os seus homes e mulleres, as seguidoras da Liga rodean aos bombardeiros impedindo que despeguen e cando o Presidente de Europa está a punto de declarar a guerra, o líder da Liga mátao, evitando a hostilidades; pero non se pode impedir que este sexa condenado e executado, converténdose nun mártir pola Paz.A principios dos anos corenta o home máis poderoso do mundo, un ditador corrupto, segue explotando a máquina que, cando era mineiro hai vinte anos, lle deu un extraterrestre ao que se encontrou na mina, esta máquina permítelle crear enerxía ilimitada, dándose conta dos seus terribles actos e antes de que o seu malvado fillo faga un mal uso dela, decide destruíla, como pode comprobarse en Algol (Hans Werckmeister, 1920), todo iso nuns anos corenta cuxos ambientes son abstractos con liñas quebradas e tons contrastados propios do expresionismo, espazos que polo seu deseño atemporal, o mesmo serven parta os anos vinte cando comeza a historia, como para o Mundo de dúas décadas despois.

En 1940, como conta Non Stop New York (Robert Stevenson, 1937), un avión a reacción trasatlántico unía Londres con Nova York. A primeira capital tivo máis sorte que Nova York, porque en 1940 sufriu un ataque aéreo no que as bombas destruíron o Empire State Building, a causa da Segunda Guerra Mundial, que enfrontou a EE. UU. coa Confederación de Estados Euroasiáticos, profetizada por Os homes deben pelexar (Men Must Fight; Edgar Selwyn, 1933). O Empire State era xa o símbolo da metrópole e por iso, como se verá máis adiante, aparece e ademais é destruído, en múltiples películas. Tampouco tivo sorte Everytown, unha copia de Londres, xa que ese ano comezaron os bombardeos sobre a cidade, O mundo futuro (Things to Come; William Cameron Menzies, 1936). Algúns desgraciadamente si acertaron coas súas predicións. Moscú 1946, en Kosmicheskij reis, (Vasili Zhuravlyov, 1936) pode verse “unha torre coroada por unha figura con ás, que está sobre o edificio do Instituto para Viaxes Interplanetarias, pegado a ese edificio hai un corpo edificado cunha cúpula da que parte unha inmensa rampla de lanzamento construída con perfís metálicos, baixo ela, circulan vehículos por grandes avenidas, ao fondo, tras o que parece un vasto parque, vese a cidade e sobre ela, competindo coa torre que se acaba de mostrar, sobresae o Pazo dos Soviets de Boris Iofan, Vladimir Schuko e Vladimir Gelfreikth, que resultou gañador do famoso concurso de 1933” así como un “foguete sostido por un complexo armazón metálica, dentro dun hangar construído con arcos parabólicos de formigón, como os hangares para dirixibles que construíu Eugène Freyssinet en Orly en 1923” (Gorostiza 2007: 23). A Segunda Guerra Mundial non deixou as súas espantosas secuelas neste Moscú e grazas á Paz que se vive, os seus científicos puideron mesmo construír un foguete que os trasladou a outros planetas»…..

Ata aquí o comezo do meu artigo, como sempre neste blog, que queira rematar de lelo terá que facelo sobre papel, comprando a moi recomendable revista Teatro Marittimo, por exemplo na libraría madrileña 8 1/2.

Jorge Gorostiza, arquitecto. Autor do blogue Arquitectura+Cine+Ciudad

Santa Cruz de Tenerife, novembro 2011

Jorge Gorostiza

Doctor arquitecto, proyecta y construye edificios y desarrolla trabajos de urbanismo. Desde 1990, publica numerosos artículos sobre cine y arquitectura en medios de su localidad, revistas como Nosferatu, Nickleodeon, Academia, Lateral, Cahiers du Cinema… y en varios volúmenes colectivos. Entre el 2000 y el 2005 dirige la Filmoteca Canaria. Imparte conferencias sobre arquitectura y cine en instituciones como el CAAM en Gran Canaria, la UIMP, el CENDEAC en Murcia, INCUNA en Gijón, Fundación Telefónica, la ETS de Arquitectura y el CCCB de Barcelona, las ETS de Arquitectura de La Coruña, Sevilla, Valencia y SEU madrileña, La Ciudad de la Luz en Alicante, la UNED en Pamplona, en varios colegios de arquitectos, así como en las universidades del País Vasco, Gerona, Valladolid, Málaga, Granada, SEK en Segovia y CEES de Madrid. Jurado en varios festivales cinematográficos, como los de Alcalá de Henares (2001), San Sebastián (2002), Sitges (2003), Las Palmas (2005) y Documentamadrid (2005), y comisario de las exposiciones Constructores de quimeras. (Centro Conde Duque, Madrid, 1999) y La arquitectura de los sueños (Capilla del Oidor, Alcalá de Henares, 2001).

He publicado bastantes libros y muchos artículos, he impartido conferencias, he sido comisario de exposiciones y jurado en muchísmos festivales. Si quieren saber más no duden en consultar mi blog ARQUITECTURA + CINE + CIUDAD.

follow me

Arquivado en: capturas, cine, Jorge Gorostiza

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,