EERJ. Adecuación do patio de armas do Castelo de El Real de la Jara | Villegas Bueno Arquitectura

Unha manta densa, pesada e amable, recortada o xusto e necesario para facer dun interior descarnado un espazo para a xente.

Datada no século XIV a fortaleza, catalogada como BIC, ten unha situación estratéxica na chamada “Banda Gallega”, liña defensiva construída para protexer o sur de posibles invasións portuguesas, e que aínda se pode percibir na conexión visual existente cos castelos próximos de Cala e de Santa Olalla del Cala.

Os condicionantes fundamentais do proxecto foron un presuposto extremadamente axustado, a preservación do carácter patrimonial do castelo, o respecto ás intervencións anteriores realizadas na muralla, -independentemente do seu valor ou calidade- e a garantía do uso do castelo como un espazo de encontro público para o pobo.

Aproveitamos a forte pendente do terreo natural do patio do castelo, formada polo substrato de rocha natural, para minimizar a intervención. O proxecto redúcese a unha serie de muretes de contención de pouca altura, para dar forma ás terrazas que aloxarán os eventos, e outros muros máis altos que nos permiten controlar as ramplas que garanten a accesibilidade a todo o espazo usable do recinto.

As zonas que se deixaron sen tratar responden a unha dobre aproximación. Por un lado tratan de revelar a extrema superficialidade da intervención, e por outro servir de testemuño do límite presupostario e das condicións preexistentes no espazo interior do patio.

Así a intervención produce unha nova praza pública; as paredes do castelo como tecido urbano, as portas como rúas que se internan nela e os espazos interiores como lugares nos que pasear ou simplemente estar.

Un novo espazo urbano rodeado de natureza.

Obra: EERJ. Adecuación del patio de armas del Castillo de El Real de la Jara
Emplazamiento:El Real de la Jara, Sevilla, España
Área: 1.409 m2
Presupuesto: 147.588,00€ (104,74 €/m2)
Autores: Miguel Villegas Ballesta, Lourdes Bueno Garnica (co-autoría sin firma)
Colaboradores:Ignacio Hornillos, arquitecto, Vértice Topografía. Antonio Domínguez-Valdés, diseño gráfico
Dirección de Obra: Miguel Villegas Ballesta, arquitecto.
Dirección de Ejecución de Obra: José María Sánchez Tello, arquitecto técnico.
Coordinación de Seguridad y Salud: Jose Manuel Cruz Camúñez, arquitecto técnico.
Promotor: Diputación de Sevilla
Contratista: Construcciones Francisco Manzano SL
Fotografía: Jesús Granada (reportaje completo) | Villegas Bueno Arquitectura (obra)
Año: Redacción de proyecto 2011. Inicio de obra octubre 2012. Final de obra enero 2013
+ villegasbueno.net

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, equipamiento dotacional, espacio publico, obras, rehabilitación

Tags: , , , , , , , , , , , ,