Eduardo Souto de Moura en Espacio Sirvent

Espacio Sirvent volve contar con outro invitado de luxo tan só quince días despois de que a diseñadora Nani Marquina abarrotase as instalacións do local de Gran Vía. Nesta ocasión o premi Pritzker de arquitectura en 2011, o portugués Eduardo Souto de Moura, elixiu Vigo para presentar o libro Atlas de Parede, Imagens de Método, publicado en 2011 pola editorial Dafne, logo da súa presentación na inauguración das instalacións da Trienal de Arquitectura de Lisboa que se celebrará en 2013. O acto terá lugar o venres 15 de xuño ás 20:00 en Espacio Sirvent.

Atlas de Parede reúne unha serie de textos teóricos sobre a cuestión da imaxe e a súa presenza nas metodoloxías de traballo da arquitectura. Philip Ursprung, Diogo Seixas Lopes, Pedro Bandeira e o propio Eduardo Souto de Moura elaboraron os textos que compoñen este ensaio. Para iniciar esta xornada dedicada á arquitectura, André Tavares, Pedro Bandeira e Diogo Seixas Lopes –coordinadores e coautores de Atlas de Parede- conversarán sobre esta nova obra e abrirán así este acto de Espazo Sirvent. Tras esta introdución, o director da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, Fernando Agrasar, será o encargado de presentar a Eduardo Souto de Moura que profundará no seu traballo, dando a posibilidade ao público asistente de opinar e debater achega dos diferentes puntos tratados.

Presentarase ao mesmo tempo unha colección de mobiliario proxectado polo Arquitecto Souto de Moura, entre eles un dos seus últimos deseños como a cadeira Rob, ou o banco para a súa obra do Crematorio Uitzicht en Kortrijk, que estará exposto no showroom de SIRVENT, dentro do mesmo edificio. O libro poderase adquirir o mesmo día a un prezo especial como apoio da Editorial Dafne ao proxecto do Espacio SIRVENT.

Esta iniciativa marca o inicio do verán en Espazo Sirvent, que durante todo o ano presentou interesantes propostas en diferentes campos da cultura, contando con invitados como os diseñadores Nani Marquina, Javier Díez de díez+díez, o artista plástico Javier Núñez Gasco, e Carlos Quintá ou Sinsal Audio no terreo da música. Eduardo Souto de Moura devólvenos así á arquitectura, disciplina coa que Alfonso Penela inaugurou o Espazo en setembro de 2011.

Eduardo Souto de Moura en Espacio Sirvent

Viernes 15 de Xunio DE 2012 / 20.00 H

Espacio Sirvent

Gran Vía 129 – Vigo

Galicia, España

www.sirventvigo.com

[mappress mapid=”32″]

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: conferencias, evento

Tags: , , , , , , , , , , , ,