e n g a w a # 1 4

Os convidados de engawa 14 son o estudo fala atelier, composto por Filipe Magalhães e Ana Luisa Soares. Eles propuxéronnos unha suxestiva imaxe que mostra un espazo completamente xenérico, un non-lugar, habitado temporalmente por un home sentado, no que parece ser unha sala de espera, un espazo de tránsito. Pola contra no exterior deste espazo xenérico álzase unha oda ao individuo, 140 óculos amoreados que escrutan a cidade: A torre Nakagin.

Miremos dende o outro lado, imaxinémonos estar no interior dunha das cápsulas e mirar en dirección contraria, veremos un moderno edificio de oficinas, e se agudizamos a vista quizais logremos ver un home sentado, ou pode que, non que tan só vexamos o noso propio reflexo nas ventás escuras.

A noso arredor 139 ventás están a mirar ese mesmo anaco de realidade. 139 miradas distintas, 139 tokios distintos.

Quizais engawa sexa un Nakagin en miniatura, formado por esa suma de miradas individuais que intentan apresar un anaco de realidade común (en forma de fotografía) e que na súa suma, un rudimentario amoreamento, xera unha estrutura con forma de revista.

Grazas a todos os que participastes, e en especial a fala atelier pola súa penetrante mirada ao día a día dun edificio tan complexo como a Nakagin Tower de Kurokawa.

Imaxe propuesta por Filipe Magalhães e Ana Luisa Soares

Editorial

Un futuro que nunca aconteció · Filipe Magalhães e Ana Luisa Soares

Utopía y progreso · Rubén Páez

Operativo Lavadoras · Matías Grimaldi

Corrección · Carlos Cachón

…Y dibujar · Javier de las Heras Solé

Salomé en Ginza · Fernando Agrasar

Una temporada en la cabaña · Alberto Ruiz de Samaniego

10 m2 · Pablo Twose

Ojos que no ven, corazón que no siente · Jorge Meijide

Lo Recuerdo… · Daniel Luis Martinez

Más de lo que vemos · Gabriel Fernández Birriel e François Guynot de Boismenu

Nakagin · Aitor González

+ info

veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: publicacións, revistas

Tags: , , , , , , , , , , , , , , ,