Cosas Vistas | Baylón, Javier Campano, Vari Carames, Françoise Nuñez Y Bernard Plossu

Galería Inés Barrenechea. Madrid. Desde o 9 de febreiro ao 3 de abril de 2010.La Galería Ines Barrenechea inaugura a exposición Cousas Vistas o vindeiro 9 de febreiro. A exposición cómpóna as obras dos fotógrafos e amigos Baylón, Javier Campano, Vari Carames, Françoise Nuñez Y Bernard Plossu que se reúnen para mostrar o seu traballo recente, resultado dos seus paseos polo mundo.

COUSAS VISTAS

Luis Baylón, Javier Campano, Vari Caramés, Françoise Núñez, Bernard Plossu: cinco amigos ruando coas súas cámaras, polas cidades do mundo, miúdo festín, miúda colleita de choses vues, que dicía Victor Hugo nun título que é todo un programa moderno, título que retomamos agora, castelanizandoo.
Fotografía na tradición francesa, poesía do rúo baudelairiano, poesía que en NY encontra un eco no moi afrancesado Frank O’Hara e o seu canto á Terceira Avenida, poesía que aquí, quizais Ramón………
Rúo, errancia, viaxe, escaparates, unha Galicia intemporal, letreiros e neons, Italia, fábricas, Marsella multiracial, unha India case tintinesca ( o final de Lles cigares du pharaon), Buenos Aires e un circo que pasa, mendigos, Madrid tamén, por suposto, igrexas barrocas recortandose sobre o ceo, altas cuadrigas bancarias, o néon de novo do Hotel Mediodía, na noite de Europa……………Rúo, flânerie, passantes, e tamén o tren, a poesía sempre do tren, o noso Antonio Machado, Michel Butor e seu Modification París-Roma, Walker Evans e as súas cores fifties, dicindo a poesía desolada do ferrocarril USA…
Luis Baylón, Javier Campano, Vari Caramés, Françoise Nuñez e Bernard Plossu, cinco amigos, xuntos nesta preciosa exposición que ilumina estes curtos días invernais.

Fotografía = poesía
JUAN MANUEL BONET

+ www.inesbarrenechea.com

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: evento

Tags: , , , , , , , , ,