Contrúe en verde

A Escola de Enxeñería Forestal da Universidade de Vigo nicia as actividades de Constrúe en Verde, un proxecto que pretende sensibilizar á sociedade sobre o uso de materiais sotenibles, cunha charla do profesor de Enxeñaría dos recursos naturais e medio, Juan Picos, sobre Materiais Sostibles-Madeira e a visita á Estación Marítima de Vilanova de Arousa, como exemplo arquitectónico de edificación sostible e uso de materiais ecolóxicos que foi premiado pola súa innovación. Os interesados poden inscribirse, de xeito gratuíto, en info@portal48.es

A charla de apertura celebrarase o venres 11 de abril, a partir das 19:30 horas, na Escola de Enxeñaría Forestal que presentará Antonia Blanco, Vicerreitora do Campus de Pontevedra da Universidad de Vigo y Anxos Riveiro, Concelleira de Cultura do Concello de Pontevedra.

O sábado 12 de abril, realizarase unha visita guiada pola Estación Marítima de Vilanova de Arousa na que participarán: o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán Hermida; a secretaria xeral de  Confemadera Hábitat Galicia, Ana Oróns e que estará guiada polo arquitecto da obra Ángel Cid, do estudo de arquitectura 2C Arquitectos y Manuel Touza, jefe del área de innovación y tecnología del CIS Madeira.

Tamén se programou unha segunda actividade, que se celebrará o venres 25 e o sábado 26 de abril, coa visita a unha edificación sostible do IES A Xunqueira e unha charla sobre Arquitectura e urbanismo sostible.

Concurso de ideas para edificación sostible

Constrúe en verde é un proxecto de estudantes e profesionais da Universidade de Vigo e veciños dun barrio de Pontevedra que ten por obxectivo final convocar un concurso de ideas para decidir o deseño e a construción dunha edificación que responda ás necesidades reais dos veciños. Como paso previo desenvólvense actividades de divulgacion sobre materiais sostibles.

Esta iniciativa está dentro de TANGRAM, un programa de promoción social e cultural, promovido pola Vicerreitoría do Campus de Pontevedra dá Universidade de Vigo, que conta coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Pontevedra, que intenta encaixar as pezas para que a rede de coñecemento especializado que representa a Universidade e saber facer dos cuidadanos colaboren de xeito equilibrado, sostible e permanente.

+ info

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: concursos, conferencias, cursos-talleres, evento

Tags: , , , , , , , , , , , ,