Cities Connection Project

Cities Connection Project (CCP) é un conector entre cidades a través da súa arquitectura, creado polos arquitectos Nicola Regusci e Xavier Bustos, co obxectivo de xerar sinerxías entre os profesionais e operadores culturais de cada cidade.

Cities Connection Project naceu co desexo de establecer unha conexión cultural entre Barcelona e outras cidades europeas cunha importante tradición arquitectónica e cultural. Unha serie de exposicións de arquitectura son o centro deste proxecto, que tamén ofrece outras actividades como conferencias, reunións entre as universidades e o desexo de crear vínculos entre os profesionais arquitectos involucrados. Cada evento, chamado Connection, componse dunha primeira exposición en Barcelona, seguida dunha segunda presentación na cidade invitada.

Cada nova conexión ofrecerá unha nova temática que terá en conta a idiosincrasia e o legado cultural e arquitectónico da cidade ou rexión invitada.

A primeira edición de Cities Connection Project, que tivo un grande éxito, conectou o cantón suízo do Ticino con Barcelona mediante dúas exposicións: _Import TICINO (COAC _Mayo 2013) / _Export BARCELONA (Accademia dei Architettura _Octubre 2013).

Esta segunda edición do proxecto Cities Connection Project, conectará Xenebra e Barcelona, mediante dúas exposicións de arquitectura: _Import GENEVA. Building Geneva_Projects versus challenges (Arts Santa Mònica Centre de la Creativitat _Noviembre 2014) e _Export BARCELONA. Social Housing in Urban Context ( Pavillon SICLI _Febrero 2015).

+ info

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: evento, exposiciones

Tags: , , , , , , , , , , , , , ,