Casa(s). Miradas sobre a idea de habitar

Curso del Institut d’Humanitats de Barcelona.

¿Que anhelos e desexos alberga hoxe a casa? ¿É, como dicía Bachelard, a topografía do noso ser íntimo? ¿Como cambiou o abano de sentidos outorgado socialmente ao espazo doméstico? ¿E a súa forma e as súas funcións? Fogar, fortaleza, acubillo, tobo, niño, albergue. No decurso do tempo, a casa deu resposta a necesidades diversas e representou un conxunto heteroxéneo de valores e significados: é o espazo onde encontrar refuxio nun mundo inhóspito, ferramenta de loita política e de control social, escenario de conflitos de xénero.

Este curso propón unha aproximación poliédrica ao sentido da casa, dende dentro cara a fóra, explorando os seus usos, as distintas maneiras de habitar os espazos domésticos, a súa evolución e a súa carga simbólica. Ao longo do curso, os alumnos que o desexen irán construíndo un arquivo fotográfico común coa vontade de representar, documentar e cuestionar as diversas dimensións da casa. O taller final, coa fotógrafa Laura Covarsí, recollerá estas imaxes e examinará a obra dalgúns fotógrafos contemporáneos para crear un atlas de usos da fotografía en torno ao espazo doméstico.

20.01.15 | Casas de habitacións. Xavier Monteys, catedrático de Proxectos arquitectónicos na ETSAB (Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona) e investigador principal do grupo de investigación «Habitar».

27.01.15 | Tódalas camas do rei. Ramón Faura, músico, arquitecto e profesor de Historia da arte na Escola de Arquitectura Superior da Universidade Rovira i Virgili.

03.02.15 | Facer cidade e construir identidade. Kathrin Golda-Pongratz, arquitecta, profesora de Urbanisme Internacional na Universidade de Ciencias Aplicadas de Frankfurt e na Escola de Arquitectura La Salle de Barcelona.

10.02.15 | ¡Xa estou na casa! O fogar universal na pantalla. Andrés Hispano, realizador audiovisual, comisario, pintor e articulista.

17.02.15 | A casa, instruccións de uso. Unha perspectiva literaria. Robert Juan-Cantavella, escritor, traductor e periodista.

24.02.15 | A Home. Novas fronteiras entre o privado e o público. Jorge Luis Marzo, comisario de exposiciones, escritor e profesor na Escola Universitaria Bau.

07.03.15 | Obradoiro de fotografía. Na contorno na casa: atlas de usos da fotografía. Laura Covarsí, fotógrafa.

Banda sonora do curso en Spotify: CASA(S). MIRADES SOBRE LA IDEA D’HABITAR

+ info

Nota: Aqueles lectores de veredes que desexe realizar o curso, poderán optar ao prezo de reducido (50 €) achegando este imaxe á documentación necesaria para a inscrición.

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: deriva

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,