Casa en Coirós | bals arquitectos

Esta casa naceu coa vontade de facer arquitectura de calidade nun contorno dominado polo que se veu entendendo de xeito popular como tipoloxía tradicional de vivenda en Galicia (cuberta a dúas augas, construcións adxectivas,…) traballando a partir do impacto formal e emocional colectivo que xurdiu en torno a este xeito de “facer” vivenda durante as últimas décadas.

Interésanos o estudo de todo o que contribúa á fráxil continuidade entre a situación actual e as arquitecturas anteriores, partindo de que o obxecto do noso oficio muda moi lentamente na sociedade e no tempo.

Pensamos que existen certos elementos que aínda son válidos para posibilitar un camiño alternativo a ese modelo xeneralizado, que son sensibles ao construído, e que poden ser aproveitados, a pesar da súa humildade, para mellorar a situación dunha paisaxe rural moi pervertida.

Como resultado do proceso da concentración parcelaria, a orde do espazo que nos atopamos ten a súa base na xeometría da división do chan. As parcelas debuxan un tartán equilibrado e regular nos seus ritmos principais (pistas asfaltadas, trazadas todas iguais dende a esixencia do vehículo).

O soporte natural xa non produce suxestións para a orientación e o movemento próximo. As novas referencias agora poden chegar só da expresión propia da actividade do home en forma de edificacións, infraestruturas ou murallas forestais. Se tivésemos que describir esa paisaxe, sería a través deses “novos” elementos da paisaxe (para a nosa xeración xa tan vellos coma o noso recordo).

A identidade da vivenda xa non ven dada pola súa posición dentro dun asentamento, agora basease na súa imaxe inmediata, insertándose nesa paisaxe e participando dos seus elementos.

Casa anónima, ao final dun camiño, ubicada nunha parcela horizontal e anodina coa estrada nacional coma horizonte.

Redución conceptual da vivenda en torno os seus elementos esenciais:

Cuberta a dúas augas, branca e abstracta coma os paramentos ca sustentan.

Basamento de pedra serrada, soporte sólido sobre o terreo.

Garaxe conectado a vivenda mediante o acceso protexido e aberto ao patio.

O porche ao sur, espazo entre a sala e a cociña que da profundidade e amplitude a planta.

E por último o fogar, espazo baleirado onde se comprende a vivenda na súa totalidade, e charnela a partir da que se organiza o programa privado da vivenda.

Dentro dun campo de actuación moi limitado en tódolos aspectos, facemos con esta vivenda, un exercicio de abstracción, que exemplifique que un modelo de arquitectura de calidade e posible aínda que sexa ben diferente da que herdamos (que pouco ou nada ten que ver coa arquitectura popular galega e moito de procesos económicos).

Afortunadamente, e pese as reticencias iniciais dos clientes, alleos por completo a cuestións arquitectónicas e apegados á formalización de vivendas que describíamos con anterioridade, o resultado que obtivemos foi satisfactorio para todas as partes froito dun camiño de transformación e traballo conxunto.

Obra: Casa en Coirós
Autores: bals arquitectos(Belén Salgado + Antonio López)
Ano: Septembro 2010/Febreiro 2012
Emprazamento: Coirós de Arriba. Municipio de Coiró, A Coruña, Galicia. Spain
Superficie: Útil 256.50m2;Construida:293.20m2
Fotografía: Héctor Santos-Díez | BISimages
+ bals.es

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, obras, vivienda unifamiliar

Tags: , , , , ,