I Bolsas Arquia/Real Academia de Belas Artes de San Fernando de Investigación


A Fundación Arquia en colaboración coa Real Academia de Belas Artes de San Fernando, co fin de impulsar a investigación no ámbito da Arquitectura, convocan unha bolsa para o desenvolvemento dun proxecto de investigación a realizar nun centro académico de recoñecido prestixio en Nova York.

O obxectivo é pretende impulsar a realización de proxectos de investigación no ámbito da Arquitectura proporcionando oportunidades para a súa creación, desenvolvemento e comunicación, ofrecendo aos candidatos as condicións e facilitando os medios para o seu desenvolvemento como apoio aos seus esforzos e á súa iniciativa.

Descripción

A bolsa permite aos arquitectos o desenvolvemento dun proxecto de investigación durante seis meses, no marco dunha institución académica de prestixio en Nova York, beneficiándose de residir nunha das cidades considerada como centro de innovación, cunha grande actividade en creación cultural e difusión do coñecemento.

Candidatos

Poderán optar á bolsa os titulados como arquitectos superiores en calquera das escolas técnicas superiores de arquitectura do Estado español, os arquitectos estranxeiros con título obtido en España e os arquitectos con título obtido fóra do país e validado en España.

Calendario

Apertura convocatoria: 27 de abril de 2015

Periodo de inscripción: 27 de abril ata o 17 de xuño de 2015

Resultados: Primeira semana de Xullo

Desarrollo da bolsa: del 1 de setembro o 1 de marzo de 2015

Xurado

O Xurado estará o xurado estará composto polos seguintes membros:

· Sr. D. Fernando de Terán, Director da Real Academia de Belas Artes de San Fernando.

· Sr. D. Fernando Díaz-Pinés Mateo, Patrono da Fundación Arquia.

· Sr. D. Alberto Campo Baeza, arquitecto, Académico numerario da Real Academia de Belas Artes de San Fernando.

· Sr. D. Gerardo García-Ventosa, Director da Fundación Arquia, como secretario sen voto.

Podes consultar máis información na páxina da Convocatoria na web da Fundación Arquia accedendo aquí.

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: deriva

Tags: , , , , , , , , , , , , , , ,