b-web 2011

IMG_1378-455x609

Todo segue cambiando… a comunicación, a mercadotecnia e os modelos de negocio han ir modulándose até chegar ao momento no que nos atopamos, con decenas de redes sociais e unha formulación da comunicación en auténtica ebulición 2.0. Falamos de novas canles de comunicación, novas oportunidades de venda e da posibilidade de interacción directa cos nosos clientes. Espremer estas ferramentas nas nosas formulacións de comunicación marcará o posicionamento da empresa e os seus produtos e servizos. Pero, Como?

B-web 2011 busca dar resposta a estas e a todas as preguntas que asaltan ao falar de Facebook, Twitter, Tuenti, Foursquare, Linkedin ou Flickr, a través dos expertos máis reputados do sector. Durante os seus dous días de duración, daranse cita en EXPOCoruña nomes como: Juan Merodio, autor do libro ‘Como empezar a promocionar o teu negocio en redes sociais’; Juan Pablo Bustos, un dos precursores da combinación da publicidade e a tecnoloxía; Carlos Branco, un dos empresarios pioneiros no sector de Internet en España e fundador de Grupo ITNet; e Javier Pedreira, Wicho, responsable de Informática dos Museos Científicos da Coruña e un dos autores do blog español máis lido: www.microsiervos.com.

A gran novidade desta edición será o Salón profesional. A zona denominada “b-linked” destinarase á localización de casetas das empresas máis destacadas do sector, onde darán a coñecer os seus produtos e servizos. As casetas son responsabilidade da arquitecta Ana Galego.

Ademais, b-web incluirá os seguintes eventos:

Conferencias e Case Studies: no espazo chamado “b-updated” sucederanse os relatorios de diferentes instrutores de recoñecido prestixio da contorna 2.0. Nomes como Gaby Casteláns, Rubén Bastón ou Víctor Salgado achegarán as grandes novidades do sector. Ademais, sucederanse os casos prácticos nos que diferentes empresas achegarán a súa experiencia profesional.

Workshops: unha das necesidades actuais máis demandadas polas empresas é o desenvolvemento dun Social Media Plan eficaz. b-web crea “b-social”, un taller onde expertos impartirán as nocións necesarias para deseñar, construír e xestionar unha marca/produto nas redes sociais máis adecuadas para a súa target.

Networking: “b-twitt” será unha zona de descanso onde os asistentes poderán conectar computadores e twittear, favorecendo o intercambio de información entre os participantes. Un punto de encontro para compartir intereses, inquietudes e establecer relacións comerciais.

entrevista Juan Merodio from BWEB on Vimeo.

B-web. Días 2 e 3 de Xuño de 2011
10:00 horas a 20:00 horas en EXPOCoruña. [A Coruña]
El acceso a la feria es gratuito.
+ b-web.es

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: conferencias, evento, exposiciones, ferias

Tags: , , , ,