Adrquitecturas do aire

Exposión Javier Bravo @ CAB Burgos Arquitecturas de aire
Exposión Javier Bravo @ CAB Burgos Arquitecturas de aire

Dende o 10 de Xullo ata finais de verán exposición “Arquitecturas de aire” de Javier Bravo no CAB de Burgos.

Para quen non o coñeza, o CAB é o Centro de Arte Contemporánea de Caixa de Burgos, é un dos mellores edificios modernos da cidade pola súa arquitectura e o seu ámbito privilexiado ao lado da catedral.

Neste centro pasou xente da categoria de José Manuel Ballester (fotógrafo de arquitectura que foi premio nacional de fotografía), Jaume Plensa (escultor que foi premio nacional de artes plásticas e tamén de arte gráfica)… e moitos máis, todos eles dun alto nivel.

A sala que habilitaron para a exposición ten máis de 300 metros cadrados para albergar fotografía de gran formato. O espazo é inmellorable: paredes amplas, teitos altos e total liberdade. De momento o autor non pode adiantar moito sobre o contido, tan só que “Arquitecturas de aire” será o título baixo o que irán as distintas fotografías expostas.

A inauguración será o venres 10 de Xullo ás 20 horas, data e hora pensadas para que poida acudir todo o que o desexe. Para acudir non fai falta convite nin nada similar, é totalmente gratuíto e haberá un viño ao finalizar.

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: evento, exposiciones

Tags: , , , , , , ,