Amos Gitai. Arquitectos e cineastas | Jorge Gorostiza

Amos Gitai | gdcgraphics | wikipedia.org

En dúas entradas anteriores publiquei dous textos, o primeiro de René Clair e o segundo de Sigfried Giedion, obre as relacións entre rodar unha película e construír un edificio. O outro día atopei outro texto no mesmo sentido, esta vez do interesante director israelí Amos Gitai (na fotografía), por certo, fillo do arquitecto Munio Weinraub e estudante de arquitectura en Haifa e Berkeley.

Gitai declaraba:

«Creo que os dous procesos teñen moito en común, porque na arquitectura tamén tes un texto verbal, un programa de construción que che di: “Por favor, realiza este tipo de programa con estes servizos”. Entón tes que traducir esta información verbal á súa forma. Ao igual que cando fas unha película, tes un tema ou unha historia, e tes que crear unha forma. Outra cousa que me gusta de ambos os dous medios é que non son artes íntimas, porque está involucrada unha estrutura industrial e social. Por iso, pasas por un longo proceso para traducir a túa idea a través dunha gran cantidade de filtros, ata que finalmente obtés o resultado. O máis importante é se a estrutura funciona, o edificio se levanta e non cae, ou a película existe. Aí está a espiña dorsal e as paredes e as vigas -para continuar con este tipo de metáfora- e podes velos, pero sen que interfiran cos espazos interiores do edificio ou a película. Así tes unha estrutura que che permite ler no edificio ou a película, pero sen sobre-interpretar os espazos interiores, cada un ten unha especie de efecto acumulativo, ao igual que cando camiñas a través dun espazo e cada corredor ou cuarto ou a ventá que dan outra visión deste, pero se sabe que ten unha estrutura continua».

Jorge Gorostiza, arquitecto. Autor do blogue Arquitectura+Cine+Ciudad

Santa Cruz de Tenerife, maio 2011

Doctor arquitecto, proyecta y construye edificios y desarrolla trabajos de urbanismo. Desde 1990, publica numerosos artículos sobre cine y arquitectura en medios de su localidad, revistas como Nosferatu, Nickleodeon, Academia, Lateral, Cahiers du Cinema… y en varios volúmenes colectivos. Entre el 2000 y el 2005 dirige la Filmoteca Canaria. Imparte conferencias sobre arquitectura y cine en instituciones como el CAAM en Gran Canaria, la UIMP, el CENDEAC en Murcia, INCUNA en Gijón, Fundación Telefónica, la ETS de Arquitectura y el CCCB de Barcelona, las ETS de Arquitectura de La Coruña, Sevilla, Valencia y SEU madrileña, La Ciudad de la Luz en Alicante, la UNED en Pamplona, en varios colegios de arquitectos, así como en las universidades del País Vasco, Gerona, Valladolid, Málaga, Granada, SEK en Segovia y CEES de Madrid. Jurado en varios festivales cinematográficos, como los de Alcalá de Henares (2001), San Sebastián (2002), Sitges (2003), Las Palmas (2005) y Documentamadrid (2005), y comisario de las exposiciones Constructores de quimeras. (Centro Conde Duque, Madrid, 1999) y La arquitectura de los sueños (Capilla del Oidor, Alcalá de Henares, 2001).

He publicado bastantes libros y muchos artículos, he impartido conferencias, he sido comisario de exposiciones y jurado en muchísmos festivales. Si quieren saber más no duden en consultar mi blog ARQUITECTURA + CINE + CIUDAD.

follow me

Arquivado en: capturas, cine, Jorge Gorostiza

Tags: , , , , , , , , , , , ,